Presentación do grupo operativo ‘Purín preciso’
Unha xornada online amosará os traballos de innovación no control e documentación de puríns
Unha xornada online amosará os traballos de innovación no control e documentación de puríns
O proxecto está impulsado por Vertex Bioenergy, a firma que xa xestiona a planta Bioetanol Galicia. A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, comprometeu a axilización dos trámites administrativos, para que a instalación estea en funcionamento a finais do 2025
Analizamos como van afectar ás explotacións leiteiras galegas as novas normativas de ordenación de granxas, puríns e caderno dixital. As esixencias en materia de benestar animal, instalacións, fertilización e informatización suporán en moitos casos un gasto engadido para as ganderías e unha ameaza para as granxas máis pequenas, que podería levalas a un peche prematuro
Fronte ao modelo que quere implantar a Xunta en Galicia, unha especie de Sogama do purín, existen sistemas diferentes en Europa con instalacións de menor tamaño vinculadas ás propias granxas e que evitan o transporte dos xurros e estercos a grandes distancias
Afirma que dispón até 2025 para facelo e di estar agardando a aprobación do Real Decreto de Nutrición Sostible para concretar as medidas a tomar dentro do chamado Plan Estratéxico da Limia
A Conferencia Sectorial de Agricultura acorda a repartición de máis de 145 millóns de euros para medidas de desenvolvemento rural e dixitalización. Entre as transferencias ás comunidades autónomas acordadas, 115,3 millóns de euros corresponden ás primeiras axudas incluídas no Plan de Recuperación trala pandemia
O plan nacional de Enerxía e Clima, xunto co de Control da Contaminación Atmosférica, definen as restriccións ambientais que van chegar ás granxas ó longo desta década
Miguel López incorporouse á explotación familiar no 2014. Desde entón ampliou cubículos, camas e pasos para que os animais estean máis cómodos. Pretende aumentar o número de cabezas para poder contratar un empregado e ter tamén el máis benestar
A nova Política Agraria Común, que se espera para o 2022, reforzará as esixencias ambientais. O Ministerio de Agricultura, pola súa banda prepara unha normativa de ordenación sectorial que abordará tamén aspectos medioambientais, de bioseguridade e benestar animal
Medio Rural anuncia o pago de primas para os gandeiros de toda Galicia que envíen puríns ás futuras plantas de tratamento, que se queren ubicar en Xinzo, no Deza, en Mazaricos e na Pastoriza. A Xunta trata de esquivar a declaración dunha Zona Vulnerable a Nitratos na Limia
Os plans estatais para mitigar a contaminación atmosférica prevén medidas coma o establecemento de plans de abonado por granxa, a prohibición da aplicación do xurro en abanico ou cambios nas instalacións gandeiras. A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias advirte da necesidade de que se consensúen as accións co sector agrario
Medio Rural mantén unha reunión co sector gandeiro e ecoloxista para abordar a xestión dos residuos das granxas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil apunta problemas de contaminación no encoro das Conchas e nun 24% dos puntos de control de augas subterráneas na comarca
Que facer co xurro? Esta é cada vez máis unha preocupación para moitas explotacións, sobre todo co anunciado endurecemento das condicións para o seu esparexido. Esta explotación do concello do Páramo adoptou unha solución que é pioneira en Galicia.
A feira Cimag Gandagro acolleu unha xornada técnica que explicou distintas posibilidades de manexo do purín, coma o seu uso na cama das vacas ou a reducción da súa carga de nitratos
Repasamos algúns dos motivos máis frecuentes en Galicia polos que se aplican penalizacións nas axudas da Política Agraria Común. Abordamos tamén as perspectivas na aplicación de xurros no agro