Medio Rural comprométese a triplicar as axudas para agricultura ecolóxica este ano
O conselleiro anúncialle tamén ás organizacións agrarias e ó CRAEGA un aumento dos apoios para extensificación, no marco das axudas agroambientais
O conselleiro anúncialle tamén ás organizacións agrarias e ó CRAEGA un aumento dos apoios para extensificación, no marco das axudas agroambientais
A configuración de Sistemas de Información e Coñecemento Agrario (AKIS) é unha prioridade no novo período 2023-2027 da Política Agraria Común. Analizamos como se artellan en Galicia e en Portugal
O enxeñeiro agrónomo Miguel Fernández Labrada aporta claves sobre o manexo das leguminosas en Galicia para obter mellores resultados no aproveitamento que se fai da terra. É unha alternativa forraxeira nas ganderías que permite un aforro na alimentación do gando
A nova regulación modifica o criterio de prioridade de pequenas e medianas explotacións e só se terá en conta a superficie de viñedo en lugar da superficie agraria total
As actividades produtivas sostibles e resilientes co medio serán beneficiadas nas axudas directas e nas de desenvolvemento rural, os dous primeiros piares da PAC, aínda que se incorporan certas novidades tanto nas primas como nos requisitos para conseguilas
Desde xerencia da organización afirman que a redución pode andar, de media, sobre un 30% menos que o cobrado no ano 2022
A Consellería do Medio Rural publica o listado de solicitudes de subvención concedidas e rexeitadas en agroambientais, eco e razas autóctonas. A insuficiente dotación de fondos deixa fóra dos apoios a máis do 80% das granxas e produtores que iniciaran a conversión a ecolóxico
O fomento da remuda xeracional de agricultores e gandeiros é un dos alicerces da nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2023-2027. Falamos con representantes do sector primario de Galicia e Portugal que inciden na importancia da formación para que a xente nova se incorpore con éxito á actividade agraria
O último Consello de Ministros do ano dá saída ós grandes proxectos lexislativos que tiña pendentes o Ministerio de Agricultura
Os cambios que a Política Agraria Común vai experimentar a partir do vindeiro 1 de xaneiro non serán substanciais nun sector que verá recompensada a súa labor ambiental co pago dos eco-reximes. Créase a maiores unha prima por cebar os xatos nacidos na explotación e outra para as zonas con ataques de lobo
As ganderías de vacún de leite galegas veranse beneficiadas por un incremento importante no importe da axuda por vaca produtora e teñen capacidade de adaptación ós ecoréximes. Detallamos a análise que fai Edelmiro López, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago