Nesta gandería familiar de Rodeiro (Pontevedra) criáronse algunhas das vacas que se proclamaron campioas nos últimos anos en certames galegos de raza Frisoa como Feiradeza. Coa familia Carral Fernández coñecemos máis sobre a súa paixón por contar con vacas gañadoras e de boas aptitudes leiteiras
No marco do Agrotour, promovido por GeneticAustria e Gañados Barreira, un grupo de gandeiros galegos coñeceu de primeira man o manexo tradicional do gando fleckvieh en Austria
A Deputación da Coruña destina preto de 20.000 euros a un proxecto que permitirá recuperar e mellorar a liña autóctona da abella negra, aumentando a produtividade e a calidade da mel
No marco do Agrotour, promovido por GeneticAustria e Ganados Barreira, un grupo de gandeiros galegos coñeceron afondo un dos centros de inseminación máis relevantes de toda Austria
Héctor Martínez, xefe de sección de Explotación da Finca Mouriscade presenta as liñas de traballo e prioridades que están a seguir na gandería. A gran aposta é volver ser un referente en xenética cos embrións. Están a valorar novos parámetros de mellora, como a eficiencia alimentaria das vacas
Procuran abellas máis resistentes a enfermidades como a varroa e cunha alta produción de mel. No proxecto desenvolverán unha aplicación móbil e dispositivos especiais nas colmeas para facer o seguimento das abellas
O anuncio da moratoria ao eucalipto disparou este ano a demanda de planta nun sector que empeza a apostar tamén polo piñeiro. Entrevistamos a Santiago Rodal, de Viveiros Mañente, o maior produtor de eucalipto nítens de Europa
A Casa do Mel de Goente (As Pontes) impulsa un programa de selección xenética da abella negra local para lograr mellores apiarios. Uns 40 apicultores galegos participan desta iniciativa cunha selección inicial nas súas colmeas. Coñecemos máis detalles desta iniciativa de conservación da especie autóctona
Ubicada en Tordera, no noreste da provincia de Barcelona, esta explotación familiar combina a produción de leite coa venda de embrións e animais de recría. Galicia é un dos seus mercados principais. Falamos con Pere Serra sobre o traballo na granxa, o futuro do sector e a mellora xenética
A firma galega sela un acordo coa multinacional americana Sexing Technologies, que desprazará a Lugo equipos para o sexado en dous períodos anuais. Fontao producirá un mínimo de 30.000 doses de seme sexado ao ano
O ano apícola debe empezar cunha revisión exhaustiva das nosas colonias de abellas para coñecer o seu estado sanitario e poboacional e definir unha estratexia tanto individual como de conxunto. Coñecemos grazas aos cursos de iniciación realizados no CFEA de Monforte os aspectos fundamentais que debe incluír esta primeira revisión da man dos consellos do apicultor e formador César Crespo
Visitamos no concello da Pastoriza esta explotación que emprega desde hai ano e medio a mestura de carbonato e serrín de Galical para as camas e confiou en Lely para automatizar o sistema de muxido. Trátase dunha das mellores ganderías por ICO de Galicia e leva dúas décadas apostando pola mellora xenética da súa cabana, primeiro con embrións de Boss e agora de Xenética Fontao
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.