“Queremos multiplicar por catro a produción ecolóxica e apoiar os ciclos curtos de consumo”
Falamos co xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos, Jorge Blanco, que nos avanza os piares da nova estratexia de traballo 2023-2027
Falamos co xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos, Jorge Blanco, que nos avanza os piares da nova estratexia de traballo 2023-2027
O Grupo Operativo Avienergy celebrará o seu webinar de presentación o xoves 21 de abril para detallar os avances sobre o proxecto de valorización das dexeccións de explotacións avícolas
O sector agrario pide que o Ministerio de Consumo retire a campaña #MenosCarneMásVida, xa que consideran que “é unha difamación e criminalización plagada de medias verdades”
A asociación Agromuralla considera "inasumible" a adquisición de novos equipos por parte de moitas explotacións e urxe tanto ao Ministerio de Agricultura como á Consellería do Medio Rural a aclarar os termos do novo Decreto de fertilización de solos agrícolas para "superar a incertidume actual"
Estes datos supoñen unha suba do 13,5% respecto a 2019, cando se recolleron no mesmo período uns 17.148 quilos. Por provincias, A Coruña atópase á cabeza con 7.208 quilos, seguida de Pontevedra con 4.834, Ourense con 4.565 e Lugo con 3.211
O ano pasado a comida que non se aproveitou e acabou no lixo medrou un 1% fronte ao 9% do ano anterior. Tamén se observa unha maior concienciación na industria e a distribución
Analizamos, coa axuda de Xisela Fernández, enxeñeira agrónoma de Agronovo Ecoloxía SL, as modificacións previstas no novo Regulamento europeo que vai entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2022. Vemos como lles van afectar ás explotacións galegas
Cinco ganderías de Berbetouros, en Palas de Rei, decidiron en 1998 traballar en conxunto para gañar en eficacia e comodidade. Hoxe moxen 250 vacas e basean a súa estratexia de futuro en aumentar a produción por cabeza e en reducir custos
As Azores son a Galicia de Portugal. As nove illas altánticas producen o 35% do leite portugués. Falamos con André Almeida, da Universidade de Lisboa, dalgúns problemas que o arquipélago comparte coa nosa comunidade, como a escasa industrialización e a distancia aos centros de consumo
Ricard Ramón i Sumoy, Xefe de Unidade Adxunto de Perspectivas da PAC da Comisión Europea, avanza cambios lexislativos importantes nos próximos tres anos en materia de fitosanitarios, fertilizantes, antibióticos, etiquetaxe de produtos e benestar animal para aplicar a Estratexia 'Da granxa ao garfo' e defende as bondades da nova Política Agraria Común para o período 2021-2027
Varias ganderías do concello coruñés de Mazaricos implícanse na conservación dos bosques de ribeira e da vexetación das marxes dos ríos como forma de loitar contra o cambio climático. Cóntannos a súa experiencia nesta iniciativa na que tamén participan Augas de Galicia e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
André Le Gall coordina o proxecto europeo Dairy for Future, no que participan explotacións e centros de investigación da nosa comunidade. Este experto do Idele francés procede dunha familia gandeira da Bretaña, a principal rexión produtora de leite de Europa. Falamos con el das semellanzas e diferenzas que hai con Galicia
Igual que no caso galego, as cotas lácteas limitaron durante anos o potencial leiteiro irlandés. Pero a eliminación dese freo no 2015 foi unha oportunidade que os gandeiros souberon aproveitar, aumentando desde entón máis dun 50% a súa produción