Estas subvencións financiarán os custos na redacción dos proxectos de execución, así como do material de madeira sempre que a edificación incorpore unha porcentaxe mínima deste material
Celebrarase do 15 ó 18 de setembro e contará con expositores de mobles, artigos de decoración e equipamento para o fogar. O 90% do expazo espositivo está xa reservado
Maderas Gayoso é unha das poucas empresas que traballa madeira de castiñeiro en Galicia. Á fronte deste serradoiro de Vilalba está desde o ano 2018 Mari Carmen Gayoso, coa que falamos tamén sobre a forza que está a coller a muller no sector
A marca de garantía, creada pola Fundación Arume, consolídase así como un referente para prestixiar a calidade da madeira galega e para valorizala no mercado
A silvicultura para lograr madeira de calidade é unha das claves para conseguir un maior aproveitamento comercial de especies como carballos ou castiñeiros, cunha importante presenza no monte galego pero cun aproveitamento industrial residual
A madeira de coníferas iniciou no 2021 un repunte de prezos e demanda que todo apunta que veu para quedarse. Galicia, con máis de 200 serradoiros orientados ó piñeiro, dispón de potencial silvícola e industrial para subirse á nova ola
Un total de 15 lotes contan con certificación forestal sostible PEFC e un máis coa dobre certificación PEFC e FSC. O importe acadado confirma a suba de prezos da madeira de coníferas e prevese que continúe á alza pola alta demanda internacional
Máis alá da pasta de papel, que posibilidades ten a madeira de eucalipto globulus e nitens en Galicia?. Falamos con Laminados Villapol (Trabada, Lugo), unha empresa pioneira na transformación desta especie, e consultamos opinións no sector. Dificultade de secado e dureza da madeira seguen a ser algúns dos condicionantes no seu procesado
Os próximos 27 e 28 de abril, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra a XI edición de ‘Meeting Point Lignum’, no cal intervirán profesionais da arquitectura para concienciar sobre os beneficios da madeira nas vivendas
A Semana Forestal da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra (UVigo) reuniu a un panel de antigos estudantes que explicaron os camiños profesionais que seguiron tras rematar a carreira. Falamos con Verónica Santiago, unha das enxeñeiras participantes, e con Carmen Becerra, a presidenta da delegación de alumnos que organizou as xornadas
A poxa será electrónica e celebrarase o 25 de maio na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural. A maioría dos lotes son de piñeiro do país, piñeiro insigne e eucalipto branco aínda que tamén hai cantidades menores doutras especies. Teñen un valor de 427.000 euros
A Plataforma de Enxeñería en Madeira Estrutural (Pemade) colabora no proxecto Life Wood for Future, que aspira a potenciar as plantacións de chopo nas ribeiras fluviais de Granada co obxectivo de producir madeira de calidade
A proposta presentada polo grupo socialista e apoiada polo BNG foi debatida na Comisión de Agricultura deste venres. Pretendía ofrecer máis transparencia ós propietarios forestais. O Goberno rexeita creala polos custos extra que suporía para os produtores
Europa aumentou a súa superficie forestal un 9% desde o ano 1990. En paralelo, unha xestión forestal sostible permitiu elevar a corta de madeira. Coñecemos dúas campañas europeas que divulgan entre a cidadanía a compatibilidade enre aproveitamentos forestais e protección da natureza.
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.