Na xornada, organizada polo Ministerio de Agricultura, abordaranse cuestións como a obrigación da contratación, as prácticas comerciais desleais reguladas ou o papel do Observatorio da Cadea Alimentaria, entre outras
Desvelamos as claves e os pormenores das propostas que están a chegar estes días ás ganderías. Pascual e Entrepinares sitúanse na parte alta cun prezo base entre 37 e 38 céntimos, mentres que Río e Lactalis pasarían a estar nun prezo base de 32 - 33 céntimos
O Ministerio de Agricultura modifica o Real Decreto que regula os contratos no sector lácteo. “A revisión busca garantir o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e permitir aos produtores facer fronte a subidas excepcionais dos custos de produción”, asegura
Agaca afirma que tras un ano con suba constante das materias primas de alimentación animal e doutros custos como os enerxéticos, os prezos do leite e das carnes de vacún e polo seguen estancados, impedindo aos gandeiros facer rendibles as explotacións e recuperar os investimentos realizados nelas
Agromuralla reclama medidas inmediatas que compensen a "suba desmesurada" dos pensos, a luz e o gasóleo que están a sufrir as explotacións e teme "un peche en cadea" nos vindeiros meses das 7.000 ganderías que producen leite en Galicia
O sindicato agrario asegura que o prezo medio de venda sitúase neste momento en 4,80€/kg canal cando os custos de produción móvense entre os 5,25 e os 5,5 euros
UPA advirte de que a situación dos produtores é “crítica e insostible” e insta o Ministerio a actuar obrigando a revisar os contratos para que se cumpra a Lei da Cadea Agroalimentaria
A organización agraria sostén que a empresa lle impón aos gandeiros cos que ten contrato de integración a cría dun novo tipo de polo con maiores custos de produción, pero pagado ao mesmo prezo que o convencional
Unións Agrarias denuncia que a antiga planta de Pascual en Outeiro de Rei envasa leite para vender a baixo prezo en supermercados do sur de España. A nova empresa mantén débedas por importe de máis de 100.000 euros con gandeiros que decidiron en 2015 deixar de facer entregas a Logística Alimentaria, segundo a organización agraria
Os gandeiros lácteos perderon de media 1.350 euros ao mes durante o período 2018-2020, segundo as estimacións realizadas por COAG e Sindicato Labrego a partir dos datos do informe elaborado polo Ministerio
O informe final encargado polo Ministerio de Agricultura deixa no aire o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e non aclara se o prezo en orixe debe subir, ao limitarse a indicar que hai explotacións que gañan diñeiro e outras que perden cartos
O sector valora como un paso adiante o estudo de custos de produción na cadea de valor láctea e esixen ao Ministerio que, en base ao informe que él mesmo encargou, faga cumprir, de cara á actual renovación de contratos, a lexislación aprobada fai máis dun ano