A nova OPTI+Plus é un superalimento que conta cun 60% máis de proteína natural do propio leite, un 40% máis de calcio, un 25% menos de azucre, 0% de graxa e sen lactosa e foi valorada como a máis saborosa do seu segmento
Producir leite tendo o gando estabulado non está reñido con benestar. Coñecemos como traballan nunha explotación con moi boa puntuación nas auditorías realizadas por Aenor para a obtención do certificado Welfare Quality que o Grupo Lence esixe a todas as súas ganderías
Naturleite subirá de maneira voluntaria a partir do próximo 1 de agosto o prezo que lle paga ás súas explotacións provedoras e espera que ese xesto teña un efecto contaxio no resto de industrias. Pascual, a outra compañía que sobe prezos no campo, salienta o seu compromiso " a longo prazo" coas súas granxas proveedoras
Durante o pasado ano o grupo lácteo procesou un total de 222 millóns de litros de leite, procedentes das 435 explotacións. A empresa mantivo no campo volume de recollida de leite e prezos
Carlos Calvo incorporouse no 2014, con tan só 24 anos, á explotación familiar, Gandería Zapateiro SC (Sobrado dos Monxes). Desde entón construíu un establo novo para aumentar a comodidade do gando e duplicou o número de cabezas, pero segue sacando as vacas a pacer. Hoxe é unha das ganderías que subministra o novo leite de pastoreo ao Grupo Lence
O pasto ao aire libre, a alimentación natural e o coidado do medio ambiente son as principais características do novo producto do grupo Lence, que establece un seguimento cuadrimestral do cumprimento do mínimo esixido de estancia en liberdade dos animais, de extensión de terreo por cada un deles e dos parámetros de calidade do leite
A totalidade das 435 ganderías do grupo Lence ubicadas nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra superan a auditoría Welfair realizada nos últimos 10 meses baixo catro premisas básicas: boa alimentación, aloxamento confortable, boa saúde e comportamento apropiado
Sonia Pose González e José Manuel García Gil uniron no ano 2005 as súas pequenas explotacións familiares buscando medrar de xeito máis eficiente. Na actualidade moxen uns 180 animais e apostan por unha xestión profesionalizada con visión empresarial
Carmen Lence presenta á directora da Axencia Galega de Inonvación os distintos proxectos en I+D+i nos que está inmerso o grupo lácteo e anuncia o próximo lanzamento de dous novos produtos co obxectivo de incorporar valor engadido ao sector lácteo galego
A primeira muller bombeira de España protagoniza, coincidindo coa celebración do 8-M, a nova campaña da principal empresa láctea galega baixo o lema 'Rompe os moldes'
Miguel Prieto é recolledor de Leyma desde fai tres anos. Acompañámolo nunha xornada de traballo para ver como é o seu día a día. Destaca a trazabilidade e a calidade do produto desde a orixe ao consumidor final e o feito de que o leite producido en Galicia se transforme aquí, xerando o valor engadido e os postos de traballo na comunidade
Ubicada na parroquia da Pena, en Sarria, esta gandería manda as xatas pequenas ao centro de recría da cooperativa Aira, que lle sirve tamén diariamente a ración para as vacas en produción. Miguel e a súa irmá Lorena veñen de modernizar as instalacións coa colocación de tres robots de muxido para centrarse en coidar dos animais
Lorena Cives é unha gandeira deTruitín, en Dumbría, que está a construír un establo novo co que aumentar a produción e facer o traballo de xeito máis doado. Leva a explotación ela soa e protagoniza a nova campaña de Leyma
A nova campaña promocional aposta por mostrar a gandeiros, transportistas e traballadores da planta de Arteixo baixo o lema 'Xente Auténtica'. Leche Río pretende "resituar" no mercado a unha das súas marcas máis emblemáticas destacando a súa forte vinculación con Galicia
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.