A forraxe de calidade pode aumentar a produción láctea nun 20%
Estas forraxes tamén contribúen coa mellora da saúde do gando a longo prazo
Estas forraxes tamén contribúen coa mellora da saúde do gando a longo prazo
Águeda Capón e Miguel Expósito representan unha nova xeración nesta gandería de Chantada que incrementou o número de cabezas pero que segue mantendo o pastoreo e o silo de herba como a base da alimentación do seu gando
Actyva é un referente en NPK, sobre todo para usar en herba ou mesmo podería ser recomendable para un uso en millo para ciclos curtos.
Ante as perdas inherentes ao proceso de ensilado, os inoculantes presentan múltiples beneficios para maximizar a protección dos nutrientes e da materia seca dos ensilados.
Un bo silo de herba aporta proteína e permite reducir os custos de alimentación. Con maior ou menor peso na ración das vacas leiteiras dependendo da granxa, é moitas veces o irmán pobre respecto ao silo de millo. Analizamos algúns aspectos clave para obter unha forraxe dixerible, ben conservada e libre de contaminación por terra ou restos do cultivo anterior
Coñecemos como funciona a denominación de orixe que serviu para salvar a produción láctea no Franco-Condado, creando valor para os gandeiros, agrupados ao redor de 140 queixerías cooperativas, e preservando a raza autóctona da zona, a montbeliarde
Neste artigo, Alejandro Rodríguez García, xerente de zona en De Heus, analiza os puntos clave para lograr un ensilado de herba de calidade e ofrece algúns datos das ganderías galegas que confirman a evolución positiva
Silvia Rico, veterinaria da Cooperativa Xuncoga, aporta algunhas das claves a ter en conta para lograr forraxes de calidade. Eliminar o osíxeno, garantir a presenza de azucres e realizar un manexo axeitado do silo son fundamentais para ter bos ensilados
As melloras nutricionais do silo de herba teñen un efecto directo sobre a calidade do leite. Conseguir un produto óptimo para a alimentación do gando é obxectivo, e á vez reto, para o sector gandeiro. Alexandre Udina, veterinario, da unha serie de pautas para mellorar a fase previa do ensilado, a fermentación do silo, ou a súa estabilidade aeróbica
O Centro de Investigacións de Mabegondo e o Ligal desenvolven unha técnica analítica que lle permitiría ser máis competitivas ás ganderías de leite galegas. Calcúlase que o sector aforraría entre 20 e 40 millóns de euros ao ano en forraxes e concentrados
Boa parte das ganderías galegas apuran nestes días as tarefas de ensilado. A inestabilidade meteorolóxica provoca perdas na calidade dos silos, pero deixa un incremento da cantidade de herba nestes primeiros cortes