Os apoios, cos que Medio Rural prevé chegar a 500 beneficiarios e 7.000 hectáreas, oriéntanse á execución de podas e rareos en piñeirais, así como á rexeneración e mellora de masas de frondosas caducifolias
O sector espera a inminente presentación do documento definitivo do novo Plan Forestal, que sustituirá ó aprobado hai 27 anos. Repasamos que previsións tiña aquel proxecto e cal é a realidade actual do monte
Dous investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería analizaron a transición forestal experimentada na comunidade desde os anos 60. O proceso caracterizouse pola expansión do arborado, pola especialización produtiva do Eixo Atlántico e da costa norte galega, e polo abandono do interior
Medio Rural destina á iniciativa sete millóns de euros, cos que espera que se planten unhas 4.000 hectáras. A Xunta resolveu tamén a convocatoria do 2018, con 133 beneficiarios e máis de 2.600 hectáreas a plantar
Entrevistamos ó decano do Colegio Oficial de Ingenieros de Montes, Eduardo Rojas, quen destaca as achegas do mundo forestal ao benestar colectivo a nivel ambiental, social e económico
A superficie ocupada por especies caducifolias coma o carballo, o rebolo ou o castiñeiro duplicouse en Galicia desde inicios dos anos 90, ata representar máis do 25% da súa superficie arborada, pero o seu aproveitamento madeireiro non chega ó 3% do total das cortas
Este venres remata o prazo de alegacións ó proxecto, que mantén numerosas incógnitas sobre o seu desenvolvemento. Setenta colectivos piden a súa retirada, en tanto a maior parte da cadea da madeira ultima alegacións en demanda de incentivos contra o abandono
O diagnóstico do Plan Forestal de Galicia sinala que un 7,3% da superficie forestal da comunidade está ocupada por pés enfermos ou madeira seca, un indicador das carencias de xestión activa
Pontevedra, Porto do Son e A Pobra do Brollón acollen tres parcelas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán no que se estudan 38 especies forestais para comprobar a súa adaptación a Galicia nun contexto de cambio climático
A Asociación Forestal de Galicia programou para este venres 10 de agosto unha sesión práctica nunha plantación orientada a madeira de alto valor. A actividade enmárcase na programación do Monte Demostrativo do Pico Sacro
Falamos con Nelson Matos, da Universidade de Aveiro, sobre a realidade forestal do país veciño e sobre o proxecto Forest-in, que trata de promover a educación forestal dos pequenos propietarios forestais en Galicia e noutros territorios do sur de Europa
As cortas de piñeiro e eucalipto en espazos sen protección ou sen afeccións de dominios públicos precisarán só dunha declaración responsable. Tamén será suficiente ese trámite nas parcelas que haxa que talar en torno a vías de comunicación e vivendas