Boa parte das ganderías galegas apuran nestes días as tarefas de ensilado. A inestabilidade meteorolóxica provoca perdas na calidade dos silos, pero deixa un incremento da cantidade de herba nestes primeiros cortes
Agás na Mariña e na comarca do Xallas, onde se comezou a labrar fai 15 días, noutras zonas produtoras de leite están pendentes aínda de ensilar a herba para poder preparar as terras e só se puideron sementar algunhas fincas que quedaron paradas no inverno
Analizamos con Adial cuestións a ter en conta á hora de empregar inoculantes nos silos
En breve comezarán os traballos de ensilado da herba. Resumo da xornada “Siloaprende” impartida por técnicos de Adial na cooperativa Campo Capela.
Un estudo realizado no CIAM e en 25 explotacións galegas demostra que a herba fresca aporta maiores niveis de Omega 3 e vitaminas A e E ao leite. O consumidor comeza a valoralo, pero falta que o faga en maior medida a industria para que o gandeiro que aposta polo pastoreo se vexa recompensado
Gandería Racamonde TC, de San Sadurniño, leva dous anos clasificando as bolas de silo de herba por cores segundo a súa calidade nutricional, o que lle permite equilibrar a ración e reducir a factura de penso
Está dirixida a veterinarios, nutrólogos e enxeñeiros agrónomos e abordará distintos aspectos da produción e fertilización, a conservación de ensilaxes e as alternativas forraxeiras existentes
Alemania moxe 31 millóns de toneladas de leite ao ano, catro veces máis ca España, e é o quinto produtor mundial por detrás de EEUU, India, China e Brasil. Pero os prezos de venda non cobren os custos de produción e os gandeiros tratan de lograr rendibilidade con maiores producións vitalicias
As vacas de alta produción teñen necesidades de metionina e lisina, que non son capaces de cubrir cos aportes de proteina incluídos na ración. A corrección destes déficits permite aumentar a eficiencia no uso do nitróxeno e, polo tanto, optimizar o custo alimenticio e a rendibilidade das granxas, segundo os profesores Sergio Calsamiglia e Tanya Gressley
Falamos con catro destacados expertos (Santiago Sousa, Antón Camarero, Manuel Fernández e Javier López) que nos informan de cales son os principais erros que detectan nos silos de millo en Galicia e ofrecen solucións para evitalos
A colleita de millo forraxeiro leva este ano un atraso dunha media de 15 días. En canto a cantidade as previsións apuntan a que caerán entre un 10 e un 20%, segundo as zonas, aínda que a calidade prevese boa polo bo desenvolvemento da mazaroca. Falamos con distintos gandeiros para ver como está a situación