PUBLICIDADE
Logotipo
  • Agricolae Mundi: “Conseguir un 10 ou un 15% máis de produción pode supoñer o paso da subsistencia a ter excedentes para vender”

    Agricolae Mundi é unha fundación que está a realizar, principalmente en países empobrecidos, proxectos de desenvolvemento agrogandeiro co apoio de varios colexios de enxeñeiros técnicos agrícolas de España. Estas accións encamíñanse sobre todo ao aumento de produción agraria aproveitando mellor os recursos naturais dun lugar. Falamos co seu presidente, Miguel Agulló; o secretario da mesma, Carlos Fernández e o pai franciscano Jorge Bender, implicado nun dos proxectos máis exitosos da fundación, o proxecto de Jecuá en Mozambique.