A Deputación de Pontevedra, que está a promover desde hai anos a compostaxe nos concellos a través do programa Revitaliza, inicia unha campaña informativa sobre a normativa que prohíbe que todo residuo que se poida aproveitar ou reutilizar vaia a un vertedoiro
A Deputación prepara unha liña de axudas para potenciar estas prácticas. Buscan poñer en marcha proxectos de colaboración entre empresas agrogandeiras e concellos para a compostaxe de biorresiduos urbáns e restos producidos en agricultura e na gandería
Dozón e A Cañiza foron os últimos municipios en incluirse no plan Revitaliza. A Administración provincial habilitou 160 centros de compostaxe comunitaria e repartiu 9.500 composteiros
A institución pontevedresa participará a finais de mes nunhas xornadas do proxecto GEFRECON xunto ao Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación Sectorial Forestal Galega para falar das posibilidades dos recursos forestais. A biomasa dos montes, mesturada cos residuos orgánicos domésticos, é un complemento necesario para facer un bo compost
Alumnado e profesorado encargaranse do mantemento do composteiro comunitario no que tratarán o lixo orgánico. Comezará a funcionar en setembro, dependendo da actividade educativa
A Deputación de Pontevedra prepara para este 2020 unha nova entrega de puntos comunitarios e individuais de compostaxe nos concellos adheridos ó plan de tratamento do lixo orgánico
Cinco municipios da provincia destacan polas súas cifras de compostaxe de residuos orgánicos, o que permitiu diminuír de xeito drástico os envíos a Sogama