A adega de Manuel Vázquez Losada é a última incorporación á DO Monterrei. Este mozo ourensán non dubidou en seguir co lanzamento do seu primeiro viño, pese ós atrancos que o coronavirus trouxo ás adegas estes meses
O profesor da área de Sanidade Animal da Universidade de Santiago, Gonzalo Fernández Rodríguez, aborda as achegas que os veterinarios poden facer nas actuacións contra o coronavirus, en base á experiencia que teñen no tratamento de enfermidades infecciosas
Cun novo estilo pero fiel ao espírito de traballo e sacrificio do seu pai, Carmen Lence pretende relanzar as marcas Leyma e Río e sacar ao mercado novos produtos de maior valor engadido nos vindeiros meses. Non se lle pasa pola cabeza vender e considera a Leche Río "unha empresa clave para o sector lácteo galego"
A Central Agropecuaria de Galicia - Abanca decidiu eliminar a inscrición previa de animais como requisito para acudir á poxa. Xa non será necesaria para a vindeira sesión do 9 de xuño
O Concello de San Sadurniño impulsa unha iniciativa coa que auxiliar ós viveiristas e empresas do sector primario locais ó tempo que engalanan o municipio con plantas e flores. A proposta está a ter gran acollida entre os veciños ó superar xa as 100 encargas
A Central Agropecuaria de Galicia recuperou esta mañá a actividade presencial con menos de 500 animais. Tanto os becerros de recría coma o gando maior cotizaron á baixa. O porcino comeza a recuperar cunha suba dos leitóns
O sector calcula que perderá arredor dun 25% da facturación agardada para o 2020. A práctica totalidade das empresas recoñece que a pandemia estalle afectando negativamente, pero aínda así, un terzo decidiu manter ou aumentar os investimentos previstos para o 2020
Silleda, Amio e Castro recuperan esta semana a actividade das feiras gandeiras con control de acceso, límites de aforo e medidas reforzadas de hixiene e desinfección
Medio Rural permite realizar tarefas de debroce nas parcelas en solo rústico e nas fincas urbanas de núcleo rural e urbanizable. As persoas deberán levar consigo unha declaración responsable das parcelas nas que van traballar
A Xunta autoriza a reapertura das feiras de gando, que poden volver celebrarse a partir deste sábado con restricións e cumprindo cunha serie de medidas de prevención de contaxios
A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia rexistra unha nova baixada dos prezos do porco cebado e dos leitóns. O coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid
A Concellaría de Participación e Servizos á Veciñanza facilitou pantallas protectoras ás vendedoras e vendedores para que poidan retomar a súa actividade. Trátase na maioría dos casos de produtores locais que dan saída aos seus excedentes dúas veces á semana na Praza de Abastos
O Goberno luso aumenta en 25 millóns de euros os pagos destinados a granxas de zonas desfavorecidas. Pídelle autorización á Comisión Europea para traspasar 85 millóns de euros de fondos de desenvolvemento rural a axudas para explotacións en crise