Puleva estrea visitas virtuais para escolares ás súas fábricas
A firma leiteira deseña unha proposta para que o alumnado poida ter a experiencia de visitar unha fábrica láctea cumprindo cos protocolos de seguridade e saúde do coronavirus
A firma leiteira deseña unha proposta para que o alumnado poida ter a experiencia de visitar unha fábrica láctea cumprindo cos protocolos de seguridade e saúde do coronavirus
O confinamento e a nova normalidade cambiaron hábitos de consumo e aceleraron comportamentos sociais que os expertos consideran que chegaron para quedar. O sector do viño, un dos máis prexudicados pola pandemia, enfróntase a novos desafíos que á vez son grandes oportunidades
Unhas 35 adegas continúan coa recollida da uva, nunha campaña que comezou máis cedo que outros anos. Lévanse recollidos case 3,5 millóns de quilos
Destacados especialistas en control de materias primas e seguridade alimentaria debullaron este venres as principais medidas para evitar os contaxios pola Covid-19 no transcurso das XII Xornadas Técnicas organizadas pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac)
O Clúster Alimentario de Galicia recoñece este cinco empresas e proxectos na sexta edición dos seus galardóns. Tamén premia a traxectoria de David Corral, de Mieles Anta, e Juan A. Vázquez, director xeral de Martín Códax
Estímanse unhas dispoñibilidades de viño para a campaña 2020/2021 de 72,1 millóns de hectolitros, un 2,3% máis que a media das últimas 5 campañas, debido a que as vendas este ano foron uns 5% inferiores como consecuencia do peche da canle Horeca e o aumento de aranceis de EEUU
En Melide, o Concello decidiu suspender a feira dos domingos pola alta incidencia do coronavirus, en tanto en Santiago redúcense os postos de venda exteriores da praza de abastos. As organizacións agrarias piden que se reconsideren as medidas, pois consideran que as feiras teñen menos riscos que os supermercados, que manteñen a súa actividade habitual
A expansión da enfermidade nalgunhas comarcas gandeiras é motivo de preocupación no agro, pois as granxas non poden parar a actividade. Consultamos coa Asociación Galega de Cooperativas os pasos que se recomendan seguir ante posibles positivos
O sector seguiu arrastrando este verán as consecuencias da menor actividade na hostalaría, con baixadas de prezos que neste momento se sitúan entre os 20 e 30 céntimos por quilo a respecto das cotizacións do ano pasado por esta época
Coñecemos as posibilidades que hai para manter activas granxas de leite ou de carne afectadas por coronavirus
Tódolos axentes do Consello Regulador realizarán tests serolóxicos e adoptarán pautas específicas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade durante o desenvolvemento das auditorías en viñedos e adegas
Adegas de Valdeorras e Ribeira Sacra inician unha vendima que vén adiantada en toda a comunidade. Prevese unha boa colleita pola calidade e cantidade de uva. As precaucións para evitar contaxios de Covid-19 marcan o traballar dos temporeiros, que gardan distancias e levan máscaras
Concellos do rural e inmobiliarias especializadas confirman o interese por propiedades en Galicia. Entre os compradores hai tanto persoas españolas con distintas profesions, procedentes de entornos urbanos e que queren cambiar de vida xunto ás súas familias, como investidores estranxeiros que pretenden montar negocios vinculados ao turismo