Leite Río sostén que nunca dixo que mantería o prezo no actual contrato
O Grupo Lence contesta a Unións Agrarias, que acusara á industria lucense de "dicir unha cousa e facer outra"
O Grupo Lence contesta a Unións Agrarias, que acusara á industria lucense de "dicir unha cousa e facer outra"
A maioría das industrias lácteas viñan anunciando baixadas de 2-3 céntimos para os novos contratos, que comezan en decembro, pero o escenario comeza agora a cambiar, coas primeiras empresas que retiran as propostas de baixadas e trasladan o mantemento do valor do leite no campo
Entra en vigor a norma que endurece os prazos para comunicar á AICA os contratos alimentarios. A partir de mañá será obrigatorio que a copia estea asinada e subida completa á plataforma de rexistro de contratos antes de que se produza a recollida nas explotacións
As organizacións agrarias e cooperativas únense para que a Xunta e o Ministerio investiguen e sancionen ás industrias lácteas que presentan contratos por debaixo dos 0,40 euros, unha situación que afecta especialmente ás pequenas ganderías con producións por debaixo dos 200.000 litros anuais
A cooperativa dezá pretende aproveitar o predio para incrementar a capacidade de almacenaxe, tanto de forraxes e fertilizantes como de maquinaria agrícola. A entidade tamén revisa este sábado, cos socios, o contrato lácteo con Reny Picot
Ulega, que negocia coas industrias arredor dun 25% do leite galego, está á espera de concretar como incluir os custos de produción nos acordos. Coincidindo coa época de renovación de contratos, detéctase un alto interese de firmas como Inleit, Río ou Deleite por captar novas granxas
Unións Agrarias organiza este mércores unha xornada sobre a situación e retos das ganderías de leite. Intervirán, entre outros, o secretario de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda, e Francisco Sineiro, quen foi catedrático de Economía Agraria
Unións Agrarias – Upa mantivo unha reunión co Ministerio para abordar as ofertas detectadas en industrias e cadeas de distribución, así como a regulación sobre xurros e a reforma do paquete lácteo
Publicamos o borrador do Real Decreto no que está a traballar o Ministerio de Agricultura para modificar as condicións dos contratos lácteos en España e regular a figura dos primeiros compradores.
O apoderado e responsable de compras da industria, José Enrique García, comparece en Vilalba como imputado a raíz da denuncia presentada por Unións Agrarias
Baixan os contratos de menos de 3 meses entre industrias e gandeiros e soben os de 3 a 6. Así se desprende do informe sobre o sector lácteo español presentado o pasado xoves polo Ministerio de Agricultura aos axentes do sector
O seu período de vixencia será dun ano, desde mañá ata o 30 de xaneiro de 2017. Foi aprobado por todas as partes da INLAC, a excepción do Sindicato Labrego Galego e de COAG.
Gandeiros da localidade organizan unha mobilización para este domingo 28 para chamar a atención da sociedade sobre os problemas do sector lácteo
O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) corrixe os datos provisionais que publicara hai 15 días, dos que se desprendía unha redución das entregas na comunidade