O Consello da Xunta acorda destinar 18 millóns de euros á recuperación da instalación, que se espera que estea operativa no 2026
O obxectivo sitúase en aumentar crecementos e calidade da madeira, así como en obter maior resistencia a enfermidades. Igual que no caso do piñeiro do país, a iniciativa desenvolverase por medio da colaboración público – privada, entre a Xunta e a Fundación Arume, que aglutina a toda a cadea galega das coníferas
O laboratorio Cultigar é un dos socios do proxecto impulsado pola Xunta para conseguir sementeira de bidueiro de calidade. Da man deles coñecemos os detalles dos traballos que se están realizando para mellorar a madeira de bidueiro producida en Galicia
Un proxecto da Universidade de Santiago afonda nas accións a levar a cabo tanto en prevención como para a recuperación dos montes arrasados polos incendios forestais, logo de analizar os impactos provocados nestes espazos
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria e a Federación de Aserradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia asinaron un convenio polo que se realizarán actividades de divulgación forestal dirixidas a centros educativos
O Centro de Investigación Forestal quere avanzar na prevención e loita fronte a pestes e enfermidades
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán está a traballar na identificación das castes de castiñeiros das principais zonas produtoras de Galicia. Abordamos os avances en mellora xenética que están a levar a cabo grazas a estas accións, así como as novidades na loita contra a tinta ou a avespiña
O Clúster da Madeira en Galicia desenvolve un estudo entre as empresas madeireiras sobre as súas preferencias en coníferas. O sector agarda un crecemento da demanda de madeira de calidade para os próximos anos
A proposta figuraba no programa co que Alberto Núñez Feijóo se presentou ás eleccións. BNG e PSdeG consideran que suporía acabar de desmantelar a investigación pública agraria e poñer os centros existentes, como o CIAM de Mabegondo, "nas mans do señor Baltar"
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza o 28 de novembro unha sesión adicada a analizar a adaptación dos programas de mellora xenética e silvícola ás demandas do sector empresarial
O Centro de Investigación Forestal traballa desde o 2013 na selección de árbores que sexan menos susceptibles ó ataque da praga. A mortandade da especie polo nematodo oscila entre o 75% das familias máis susceptibles e o 10% das máis resistentes
O Centro de Investigación Forestal (CIF) Lourizán, en colaboración coa empresa Finsa, inicia ensaios para comparar o resultado de distintos xeitos de preparación do terreo, de diferentes abonados e da variación das densidades de plantación no piñeiro do pais ('Pinus pinaster Ait.')