A renda agraria pechará este ano cun crecemento do 11%, segundo o Ministerio, aínda que descontada a inflación o avance real queda no 5,5%. Por sectores, os maiores crecementos danse no porcino e a avicultura, mentres a seca castigou á produción de cereais
España rexistrará unha colleita catastrófica de cereais, que se estima en 10,7 millóns de toneladas, o que supón menos da metade de hai dúas campañas, segundo os cálculos da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compuestos para Animales (Cesfac)
A escaseza e o incremento da demanda por mor da seca disparou esta semana un 30% a cotización na Lonxa de León. Un camión de palla picada de cebada posta nunha explotación galega custa uns 4.000€
O sector agrícola español, do que depende en parte a alimentación da gandería, ten que enfrontar o aumento dos custos de produción, pero á vez, está a recibir prezos récord polas súas colleitas
O grupo operativo Proteinleg analiza este xoves nunha xornada virtual e gratuíta as consecuencias da guerra no sector gandeiro galego
Analizamos con asociacións do sector a situación actual dos prezos dos pensos e as materias primas. Cereais como o millo experimentaron nos últimos meses subidas do prezo de máis do 20%. Abordamos as causas e as perspectivas para o primeiro semestre do ano
Coñecemos de man de expertos e asociacións as perspectivas sobre os prezos do millo, soia e trigo para os próximos meses. As subas poden pór en dificultades ás granxas de leite e carne
O Centro de Investigacións Agrarias ten xa rexistradas 70 variedades comerciais e de conservación en cultivos como maceiras, pereiras, millo, trigo ou produtos da horta
En Galicia espérase unha produtividade media de 3 toneladas por hectárea en trigo brando, media tonelada máis que o pasado ano
A firma ofrece unha ampla gama de produtos para sementeira, coberteira e aplicacións foliares. Os fertilizantes de liberación lenta recomendados garanten entre 2 e 3 meses de lonxevidade no solo, co nitróxeno e o fósforo parcialmente encapsulados
A proposta do enxeñeiro agrícola Roberto López sobre alternativas para as persoas con intolerancia ó glute acada o primeiro premio da segunda convocatoria dos premios. Tamén foron premiados un estudo sobre o consumo de pan na poboación sénior e sobre o cultivo do cereal en zonas de sombra
A instalación contará cun obradoiro para zumes, conservas e deshidratados, así como cunha área de cociña para produtos elaborados a partir de cereais. Sesenta pequenos produtores están formándose para empregar o centro