Recomendan retirar dos soutos os ourizos afectados por fungos
Medio Rural emite un aviso fitosanitario tras confirmar a incidencia nos castiñeiros dun fungo, ‘Gnomoniopsis smithogilvyi’, que causa podremia nos froitos
Medio Rural emite un aviso fitosanitario tras confirmar a incidencia nos castiñeiros dun fungo, ‘Gnomoniopsis smithogilvyi’, que causa podremia nos froitos
A formación será impartida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e busca amosar as posibilidades que ofrece o asociacionismo para a produción forestal. Avaliarán alternativas ás principais especies forestais como as maceiras ou os castiñeiros
Declárase 'anticakes' e decidiu apostar polas materias primas da zona, por iso Roberto leva 20 anos facendo madalenas de castaña, sen dúbida un dos produtos estrela da serra do Courel. Nesta pastelería de Quiroga non se empregan conservantes e as elaboracións son tradicionais
Esta semana desenvólvense tres actividades formativas sobre a materia, dous organizados pola Xunta en Sober (Lugo) e Mazaricos (A Coruña) e outro da Asociación Forestal de Galicia no Monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña)
A Consellería reunirá por primeira vez este órgano consultivo para abordar a situación sanitaria do castiñeiro e as posibilidades de recuperación dos soutos tradicionais
Medio Rural asegura que na próxima primavera soltará 1,6 millóns de ‘Torymus sinensis’, o insecto que parasita as postas da avespiña. Este ano tiña previsto liberar esa cantidade, pero quedouse na metade pola falta de oferta do parasitoide
A Asociación Forestal de Galicia inaugura un proxecto orientado a actividades divulgativas con propietarios forestais e comunidades de montes. Creou unha superficie de 18 hectáreas na que conviven a produción de madeira de calidade, cogomelos, froitos do bosque e cultivos agrarios
O Centro de Investigación Forestal traballa na obtención de novos clons que melloren a resistencia ó frío e á seca, que sexan tolerantes ás enfermidades e que presenten boa calidade de madeira ou boa compatibilidade ó enxerto coas variedades tradicionais enxertadas de castaña. Poderanse usar en plantacións para madeira e como portaenxertos para variedades de froito
O Centro de Investigación Forestal encargarase de analizar as variedades que se queiran incluír no rexistro
O Centro de Investigación Forestal acadou unhas primeiras conclusións preliminares, que serán máis amplas e consistentes no 2018. Os resultados do proxecto servirán para orientar as novas plantacións de soutos
A praga detectouse no 2014 en dous focos principais, en Lugo e Ourense, sumando ese primeiro ano 44 positivos. Este exercicio pechouse con 4.130 novos positivos e a praga xa entrou na gran zona produtora do oriente de Ourense
Medio Rural proxecta liberar no 2018 un total de 1,6 millóns de exemplares do insecto parasitoide da praga, o ‘Torymus sinensis’. O problema xa está presente no 80% do territorio galego
As sociedades cinexéticas de Ourense comprometen batidas preventivas nos soutos de castiñeiros para reducir as perdas provocadas polo porco bravo