Cachenas en manexo rexenerativo na Fonsagrada
Coñecemos no lugar de Mazaeda a gandería de David Outeiro, un mozo que aposta polo pastoreo rotacional en pequenas parcelas, que cambia cada poucos días
Coñecemos no lugar de Mazaeda a gandería de David Outeiro, un mozo que aposta polo pastoreo rotacional en pequenas parcelas, que cambia cada poucos días
Os soutos e carballeiras galegas ofrecen moitas posibilidades para as explotacións porcinas extensivas. Na parroquia de Sabadelle queren introducir 500 animais de raza duroc nunha superficie dunhas 50 hectáreas, a meirande parte delas abandonadas a día de hoxe
Analizamos a evolución dos rexistros oficiais do Ministerio de Agricultura da última década. A rubia galega sufre unha perda acusada de animais e numerosas granxas están a cambiarse a outras razas, como a limusín, que gaña terreo na comunidade
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e o Centro Tecnolóxico da Carne desenvolveron un proxecto que confirma os beneficios económicos e nutricionais dunha alimentación alternativa no acabado dos animais
O CIAM presenta os resultados dun ensaio levado a cabo con becerros dun ano de idade alimentados nos 3 meses finais cunha ración de penso e herba seca e outra de carácter forraxeiro coas que se conseguiu un peso vivo de máis de 200 quilos e unha ganancia media de case un quilo por animal e día
Xabier Paz González, de tan só 22 anos, xestiona na Terra Chá a maior finca privada de Galicia, unha parcela de 1.200 hectáreas, todas nunha peza, arrendada a un fondo de investimento e onde ten 150 vacas desta raza orixinaria do macizo central francés, ademais de 130 cachenas e 200 bestas, a maioría de pura raza galega. Visitamos a súa explotación para saber como traballa
Ramón Vázquez e a súa muller Mari Carmen Álvarez son criadores de vacas cachenas, ovellas galegas, galiñas de Mos e porcos celtas, que comercializan directamente na súa carnicería de Monforte. Falamos con eles para coñecer como traballan
Un cento de cabezas de gando manteñen limpo o terreo que rodea a parroquia de Trascastro. Agora están a ampliar a súa superficie con 14 hectáreas no que será unha das primeiras aldeas modelo de Galicia en completarse
Mario Nogueira e María Cristina Gómez, un matrimonio asentado na Rúa (Ourense), é coñecido polas súas destrezas para a doma de bois, así como pola calidade da carne dos animais que comercializan. Teñen participado ademais en romarías ou gravacións televisivas
A empresa da Estrada, adicada á carne selecta de vacún maior galego, envía aos fogares de toda España chuletóns de vaca e de boi para suplir o peche da hostalaría e manterlle aberta unha canle de comercialización aos gandeiros
Nas Oiras, en Alfoz, Antonio e Mari atenden un viveiro forestal, unha granxa de coellos, vacas de carne e ovellas. Ademais crían cans de palleiro e fan humus de miñoca cos excrementos dos coellos. Unhas actividades complementan as outras. Cóntannos como traballan
Desde o concello lucense de Triacastela, Jordi Ánguez foi pioneiro na comercialización sen intermediarios desta raza autóctona, que hoxe envía a toda España e a clientes en Francia, Inglaterra ou Italia. Foi un dos gandeiros máis prexudicados pola eliminación do pasto arbustivo en 2015 e reclama que os dereitos deben ir vinculados "a manter a produción"
Manuel Doval apostou hai 5 anos pola cría de vacas en extensivo nos montes de Zobra (Lalín). Comezou con Rubia Galega e pouco a pouco foi incorporando as Cachenas, que agora son a maioría. Hoxe ten 70 cabezas desta raza autóctona e vai camiño dos 100 animais