Bicogal, unha iniciativa para potenciar a bioeconomía e a sustentabilidade nos montes galegos
A Fundación Roberto Rivas promove encontros para activar novos usos sostibles do monte, integrando comunidades locais e expertos
A Fundación Roberto Rivas promove encontros para activar novos usos sostibles do monte, integrando comunidades locais e expertos
A entrega da mención fíxose efectiva na Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, situada no campus de Pontevedra, no marco do III Foro de innovación produtiva do sector agrario
ADEGAL, o Centro Tecnolóxico EnergyLab, e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e Silvares Group S. Coop Galega, investigan a valorización das dexeccións da polinaza e outros restos orgánicos para convertilos en enerxía renovable, e así mellorar a competitividade do sector
A planta de biometano porase en marcha en colaboración con Enagás Renovables e Genia Bioenergy e producirá 107 GWh/ano, equivalentes ao 11% do consumo de gas dos fogares da provincia de Lugo
O profesor emérito de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Felipe Macías Vázquez achega algunhas claves sobre como mellorar a fertilidade dos solos agrícolas e evitar o seu esgotamento
Galicia xera cada ano unas 90.000 toneladas dun residuo mariño con propiedades beneficiosas para os solos agrícolas e forestais polo seu alto contido en carbonato cálcico
Terras Gauda desenvolveu un proxecto de economía circular que conta cun vermireactor para valorizar e procesar in situ o residuo xerado no proceso de vinificación
Becerreá e As Pontes acollerán estes cursos que se impartirán os vindeiros días 16 e 17 de setembro, respectivamente, cunha duración de seis horas cada un. Para a súa asistencia, xa está habilitada a preinscrición en liña
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria e a Federación de Aserradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia asinaron un convenio polo que se realizarán actividades de divulgación forestal dirixidas a centros educativos
Estas xornadas abordarán a próxima semana o papel da industria forestal e da madeira para resolver algúns dos retos actuais da sociedade de maneira sostible
A madeira é unha materia prima con grandes vantaxes ambientais, pois é renovable, reciclable e presenta unha escasa pegada de carbono, ao almacenar CO2 captado da atmósfera. Esas cualidades levan a que haxa unha demanda crecente da madeira para usos tradicionais e novos usos, como a construción estrutural ou o téxtil. Falamos das perspectivas da bioeconomía co director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema
A cadea forestal de Portugal, que comparte similitudes coa galega, aspira a captar fondos europeos do Plan de Recuperación Económica para impulsar plantacións e mellores prácticas silvícolas, así como para obter plantas de alta xenética
O proxecto ‘Valor Nature’ impulsa en Galicia a fabricación de produtos elaborados cunha mestura de restos de poda e plástico, os chamados ‘composites’ (compostos). A combinación da madeira con fibra de carbono é outra das posibilidades de innovación exploradas
Entrevistamos a Raquel Ledo, responsable de innovación de materiais no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (Ctag)