Medio Rural aplica bioestimulantes e sulfato cuprocálcico nos piñeirais afectados polas bandas
A enfermidade, que afecta ás masas de piñeiro radiata, mantén o seu avance en Galicia, beneficiado por unha primavera cálida con choivas e brétemas
A enfermidade, que afecta ás masas de piñeiro radiata, mantén o seu avance en Galicia, beneficiado por unha primavera cálida con choivas e brétemas
O problema das enfermidades fúnxicas, como a banda marrón, ameaza á cadea forestal das coníferas nas comunidades do cantábrico, forzando unha busca de alternativas ao piñeiro insigne, o máis afectado. Os expertos poñen o foco na necesidade de estudar procedencias compatibles cos nosos solos e climatoloxía no surleste dos EEUU, de onde é orixinario o 'piñeiro amarelo'
As condicións ambientais agudizan os problemas causados polos fungos, que afectan xa a montes de piñeiro radiata de Lugo, A Coruña e Pontevedra. As podas e clareos, xunto cos tratamentos con cobre, centran os esforzos para tratar de salvar as masas afectadas
Coñecemos a afección da banda vermella e marrón nos piñeirais galegos e as medidas que se están a aplicar para reducir a incidencia destes fungos nas masas de piñeiros. As zonas limítrofes con Asturias seguen sendo as máis afectadas
Maderista Souto corta cada ano unhas 50.000 toneladas de madeira de piñeiro nos montes galegos. Analizamos coa axuda de Miguel Vázquez cal é neste momento a situación no sector e as perspectivas de futuro
As tres asociacións forestalistas vascas reúnen a 3.500 propietarios. Diante da crecente desconexión da sociedade co monte, hai 20 anos decidiron crear a Fundación Basoa, que realiza labores de sensibilización social e apoio a xestores forestais. Falamos con Aitor Oraindia, o seu director técnico
A Xunta estende a toda Galicia as accións subvencionables contra as enfermidades fúnxicas defoliadoras do piñeiro
A orde deste ano inclúe como novidade accións de prevención da enfermidade das bandas en masas de piñeiro, tales como rareos, podas e rozas, para crear descontinuidade horizontal ou vertical e previr así os danos das enfermidades fúnxicas defoliadoras
É a primeira vez que se convocan este tipo de achegas, aínda que a Consellería do Medio Rural, en coordinación co sector, executou actuacións no 2020 e 2021, no marco do Programa de saúde e vitalidade forestal
A Consellería compromete coa Fundación Arume apoios para lanzar a mellora xenética das coníferas en Galicia, unha das principais eivas que presenta o sector. Prepara unha declaración de emerxencia sanitaria para axilizar as tarefas de prevención fronte á enfermidade das bandas
Propietarios da comarca da Fonsagrada constatan unha importante afección do fungo nas masas de piñeiro radiata ubicadas en zonas altas. A enfermidade está a ter gran impacto no País Vasco e no occidente de Asturias