Sanidade do castiñeiro e da castaña
Fina Lombardero, profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría (USC), abordou no ciclo de conferencias Luis Asorey as principais pragas e enfermidades que afectan ós soutos, así como as medidas que se poden adoptar
Fina Lombardero, profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría (USC), abordou no ciclo de conferencias Luis Asorey as principais pragas e enfermidades que afectan ós soutos, así como as medidas que se poden adoptar
Fauna Útil, unha empresa de Tomiño (Pontevedra) nacida no ano 2000, reproduce e comercializa os insectos que parasitan dúas das principais pragas forestais da comunidade
Terá lugar o 1 de outubro en Outeiro de Rei e participarán expertos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal
Os castiñeiros reséntense da incidencia da avespiña e presentan importantes danos polo ataque de fungos nas últimas semanas. As montañas do oriente ourensá son as máis afectadas e mesmo se teme pola sanidade das árbores. Preséntase unha campaña con baixas producións e castañas de pouca calidade e calibre
Amarelante é o nome da variedade de castiñeiros máis habitual no macizo central ourensán e tamén o da cooperativa creada no 2013 por cinco familias que viron na castaña unha alternativa de futuro. Comezaron a actividade coa recollida e venda en fresco da castaña dos seus propios castiñeiros e foron ampliando produción a través do aluguer e cesión de soutos, ao mesmo tempo que iniciaban un proceso de transformación para dar maior valor engadido ao produto
Milagros López tiña na súa casa de Vilar de Aldixe, en Paradela, soutos centenarios que levaban un tempo abandonados. Propúxose recuperalos e poñelos de novo a producir e, ao mesmo tempo, darlles máis valor engadido transformando aquelas castañas, ás que logo se sumaron tamén marmeladas dunha ampla gama de produtos locais
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán está a traballar na identificación das castes de castiñeiros das principais zonas produtoras de Galicia. Abordamos os avances en mellora xenética que están a levar a cabo grazas a estas accións, así como as novidades na loita contra a tinta ou a avespiña
A incidencia da avespiña deixa unha reducida produción nos soutos galegos, case un 35% menor que nos mellores anos. O mercado en fresco reséntese pola crise sanitaria e a caída da demanda, polo que a baixada dos prezos nalgunhas variedades foi notable
A meteoroloxía irregular condicionou a floración e a actividade das abellas, tanto na costa como na montaña, o que provoca en xeral unha baixada da produción esta campaña
A Consellería anuncia a solta de 1,6 millóns de unidades do insecto parasitoide da praga, o ‘Torymus sinensis’. Os traballos arrancarán nas zonas costeiras da comunidade e en vales quentes do interior
O investigador italiano Alberto Alma, especialista no combate da praga no país transalpino, traslada unha mensaxe optimista para os soutos galegos. “A solta de ‘Torymus é efectiva, pero hai que esperar un tempo para ve-los resultados”, subliña
A taxa acadada no parasitismo de bugallas experimentou unha gran variación entre os soutos, con porcentaxes que oscilaron entre o 25 e o 0,5%, segundo Medio Rural