Granxas Cabeza da Vaca é unha explotación de Friol que fai 3 anos amplicou a capacidade da nave de porcino até as 1.900 cabezas e instalou unha cisterna flexible para almacenar o xurro, evitando as emisións de amoníaco á atmosfera
O Ministerio destaca que España cumpre, por segundo ano consecutivo, cos requisitos europeos de teito de emisións agrarias. Este escenario respalda a medida de permitir a aplicación de purín co prato invertido
BLUE CYCLE é unha solución tecnolóxica de fácil aplicación que reduce as costras do xurro e as emisións de amoníaco ao mesmo que mellora a capacidade de fertilizar do xurro tanto en vacún como en porcino
A Asociación Nacional de Produtores de Porcino analiza os desafíos que se presentan a curto e medio prazo aos criadores de porcos. O incremento dos custos de produción e as novas normativas en materia de benestar animal ameazan a continuidade de moitas granxas
A tese de doutoramento realizada por Eugenio Losada Vázquez baixo a dirección de Manuel Rodríguez e Dolores Fernández, desenvolve estratexias de aforro enerxético e valida modelos de control ambiental en explotacións que melloran o benestar animal
Analizamos as medidas que contempla a nova PAC para reducir as emisións de gases derivadas da actividade agraria e gandeira. O pastoreo en extensivo é un dos aliados nos que as políticas agrarias poñen a vista para reducir o impacto ao medio
O 40% dos gases de efecto invernadoiro das explotacións gandeiras é imputable ao propio funcionamento do sistema dixestivo das vacas. Mellorar a súa produtividade, reducindo os intervalos entre partos, a saúde e lonxevidade, para diminuír as necesidades de recría, e seleccionar por índice de conversión e emisión de metano son estratexias efectivas para reducir a contaminación asociada
O instituto francés IDELE organizou recentemente unha conferencia sobre "As emisións de amoníaco: Un desafío crecente para o sector vacún". Nun momento no que a xestión dos xurros é unha preocupación para moitos gandeiros, analizamos as propostas que se realizan no país veciño
Control da altura de pasto, axuste da carga gandeira para evitar os efectos do sobrepastoreo, mellora da absorción de nutrintes do chan mediante encalado e uso de leguminosas, unha alimentación de precisión que axuste os niveis de proteína da dieta, apostar por materias primas e fontes proteicas locais e mellorar a conservación de forraxes e ensilaxes son aspectos clave para facer descender a contaminación por metano ou amoníaco
Nos próximos anos o aspecto ambiental nas ganderías de vacún pesará de forma significativa nas axudas da PAC e, por tanto, na súa rendibilidade. Este é un compendio das ferramentas e técnicas dispoñibles que permiten mitigar os gases de efecto invernadoiro xerados
Afirma que o 70% dos gases de efecto invernadoiro da agricultura proceden do sector gandeiro e que o 68% das terras agrícolas na UE están destinadas á produción animal. Propón buscar alternativas á carne
O sector porcino en intensivo adáptase ás medidas que introduciu a actualización da ordenación das granxas. Os principais cambios céntranse en reducir o impacto ambiental e en incrementar a bioseguridade e o benestar animal
Os plans estatais para mitigar a contaminación atmosférica prevén medidas coma o establecemento de plans de abonado por granxa, a prohibición da aplicación do xurro en abanico ou cambios nas instalacións gandeiras. A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias advirte da necesidade de que se consensúen as accións co sector agrario
O grupo de innovación Biofore presenta o luns en Pazos de Borbén un proxecto para facer máis rendible o procesamento da biomasa residual. No estudo tamén se avalía o uso dos restos forestais como fertilizantes ou camas para o gando
Coñecemos o caso dunha gandería de vacún de leite holandesa que conseguiu reducir as súas emisións de amoníaco a base de aplicar medidas concretas no manexo. O control das emisións traduciuse nun aforro e unha maior rendibilidade da granxa
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.