O proxecto piloto Bioproinsect busca optimizar o aproveitamento do verme da fariña, cun alto contido en proteína, como nutriente en alimentación animal e humana. Superar algúns dos retos do consumo de insectos nos que traballa o proxecto podería favorecer a proliferación de granxas de insectos en Europa
O grupo operativo Proteinleg, centrado na procura de proteínas de calidade con leguminosas, analiza o encarecemento dos cereais, as perspectivas a curto prazo para as granxas galegas e as alternativas que se presentan para reducir a dependencia de importacións
A marca lanza un penso específico para robot, así como un servizo de consultoría que inclúe monitorización continua dos principais parámetros da granxa. O obxectivo é aumentar a rendibilidade das explotacións
Os irmáns Andrés e Santiago están á fronte da gandería familiar Cadahías de San Julián SC, en Taboada (Lugo). Dende que asumiron a xestión da granxa apostaron en exclusiva polas vacas frisoas e buscan manterse sendo competitivos sen grandes inversións nas instalacións a curto prazo
O grupo operativo Proteinleg analiza este xoves nunha xornada virtual e gratuíta as consecuencias da guerra no sector gandeiro galego
Algúns gandeiros aumentan a superficie dedicada a millo para tentar reducir o impacto da suba dos pensos mentres outros redúcena ó dispoñer de excedentes de forraxes e debido ós custo dos fertilizantes, combustibles, sementes. A campaña está a ser áxil e rápida polo tempo solleiro e seco
A gandería avícola en ecolóxico Galo Celta, de Vila de Cruces, cambiou o penso ecolóxico dos seus galos e galiñas por unha ración a base de cereais de proximidade e coa que conseguiu mellorar o aporte nutricional ós animais e reducir á metade os gastos. Coñecemos como o lograron
Os fabricantes de pensos, agrupados en CESFAC, anuncian un inmintente desbloqueo das importacións de millo de Estados Unidos, Canadá e Arxentina, así como de xirasol e torta de xirasol transatlánticos. Estas materias primas permitirán sustituir ó millo procedente de Ucrania
O grupo operativo Micoalga-feed traballa en solucións alternativas ao uso de tratamentos para mellorar a saúde e benestar de pitos e galiñas poñedeiras e reducir a resistencia a antibióticos. As microalgas e os fungos preséntanse como unha opción para logralo e traballan para incluílos como ingredientes en pensos
O proxecto Micoalga - Feed aborda o uso de pensos suplementados con fungos e microalgas para previr enfermidades en gandería. O evento en liña terá lugar o xoves 3 de marzo e será gratuíto
O grupo operativo Proteinleg analiza a utilización de leguminosas coma os chícharos e as fabas como fonte de proteína vexetal para a fabricación de pensos. Tras as primeiras análises satisfactorias nos próximos meses farán probas para a elaboración de compostos para alimentación de porcos e polos criados en extensivo
Analizamos con asociacións do sector a situación actual dos prezos dos pensos e as materias primas. Cereais como o millo experimentaron nos últimos meses subidas do prezo de máis do 20%. Abordamos as causas e as perspectivas para o primeiro semestre do ano
A firma especializada en alimentación animal AnimalVit conta con Elitox, unha solución para eliminar as micotoxinas da alimentación do gando. Coñecemos en detalle os seus beneficios nas granxas de vacún de leite