A explotación das terras do polígono agroforestal de Cualedro sairá a concurso público antes de fin de ano
A iniciativa mobilizará 64 hectáreas de 115 propietarios para fomentar a gandaría en extensivo e cultivos agrícolas
A iniciativa mobilizará 64 hectáreas de 115 propietarios para fomentar a gandaría en extensivo e cultivos agrícolas
Falamos con Juan Ramón Fraga, impulsor dunha granxa de porcos silleiros na aldea modelo de Penedo (Boborás), onde procura unha alimentación tradicional e natural, cos animais en pastoreo
A Xunta impulsa comunidades enerxéticas en Parada - Mouteira (Cerdedo, Pontevedra) e Infesta (Monterrei, Ourense), no marco dun proxecto Interreg, que desenvolverá tamén tres iniciativas semellantes no Norte de Portugal.
Visitamos o pobo de Moreda (Folgoso do Courel, Lugo), que emprendeu unha iniciativa comunitaria para xestionar en conxunto un rabaño de vacas que mantivesen os pastos e monte arredor das casas. O proxecto completouse coa posta en marcha dunha aldea modelo, coa que sumaron un área para porco celta
O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento. Trátase das aldeas modelo Francos de Proendos (Sober); Covelo (Taboadela); Carzoá (Cualedro), O Seixo (A Gudiña) e Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade)
O conselleiro de Medio Rural, José González, defendeu a lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Pola súa parte, o BNG apunta un exceso de lexislación que non é capaz de frear o abandono do rural. O PSdeG, doutra banda, destaca a superficie total de terras abandonadas que chegan case ao millón de hectáreas.
A Xunta destina algo máis de 2 m€ para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en concellos con aldeas modelo ou zonas de polígonos agroforestais
O gran lume que arrasou este verán a serra levou por diante todo o monte veciñal deste pobo da Pobra do Brollón, que ten agora que proxectar a restauración das arredor de 950 hectáreas que manexa
A Consellería anuncia a próxima publicación dun modelo de estatutos das agrupacións forestais de xestión conxunta. Entre as novidades orzamentarias, figura unha partida de 200.000 euros en axudas para as ganderías afectadas pola praga da rata toupa