PUBLICIDAD
Logotipo
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

Dá comezo a Semana Gandeira 2024 de Mazaricos

Durante a vindeira fin de semana, o recinto feiral da Picota acollerá un bo número de actividades onde salienta a poxa de gando frisón “Memorial José Moreira”.

Semana Gandeira de Mazaricos 2024 vén de comezar. O concello volve reivindicarse como capital leiteira de Galicia, con 137 millóns de litros producidos durante 2023, cun evento que agrupa a profesionais do sector e que achega ao conxunto da sociedade a experiencia e o traballo do mundo gandeiro.

Durante toda esta semana, as rapazas e os rapaces dos centros de ensino de Mazaricos visitarán explotacións gandeiras de referencia en Galicia, como son a gandería Os Loureiros de Vimianzo ou a Casa Grande de Xanceda. A visita a esta última, unha granxa ecolóxica no municipio de Mesía con fábrica de produtos lácteos, terá lugar mañá, martes 26. A de Os Loureiros, unha explotación que destaca por facer uso da innovación tecnolóxica, ao día seguinte, o mércores 27.

Chegada a fin de semana, o recinto Feiral da Picota será a sede de dous días de celebración e actividades. Ademais, tanto o sábado como o domingo acollerá unha exposición agraria e de servizos.

PUBLICIDAD

O sábado pola mañá terá lugar unha Mesa Redonda Virtual que analizará o estado do sector lácteo. Posteriormente, ás 12h da mañá, haberá unha Gran Sesión Vermuuuuu amenizada por DJ Rokiño.

Durante a tarde do sábado entregaranse os premios do concurso de fotografías por whatsapp e do de postres lácteos. Os premios incluirán ceas en establecementos de hostalería mazaricáns ou vales de compra no comercio local.

Xa o domingo, 1 de decembro, o recinto feiral acollerá unha nova Poxa de Gando Frisón Memorial José Moreira, onde novamente se acadarán altas cifras de negocio por exemplares desta raza vacúa, congregando a varios centos de persoas. Ademais, un ano máis, repártense máis de 2.000 euros en premios entre as persoas asistentes.

A Semana Gandeira de Mazaricos está organizada en colaboración entre o Concello, Gandeiros de Mazaricos e Africor. O evento é posible tamén grazas á colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así como o patrocinio de Abanca.

cartaz semana gandeira 24 mazaricos
cartaz semana gandeira 24 mazaricos concurso lacteos
cartaz semana gandeira 24 mazaricos concurso fotos
programa semana gandeira 24 mazaricos
Ver todas las noticias de leche

Publicacións relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *