Curso sobre a recría de vacún de leite na Granxa Gayoso Castro
Deputación de Lugo ofreceu este xoves unha xornada formativa e gratuíta na Granxa Gayoso Castro da institución provincial sobre a recría de gando vacún de leite. O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, inaugurou a acción formativa que ten como obxectivo proporcionar coñecementos teóricos e prácticos optimizar as súas actividades e mellorar a calidade da súa produción.
A xornada formativa, impartida por Seragro, busca proporcionar aos participantes coñecer de preto as técnicas e o labor diario que se realiza nesta granxa da institución provincial, un referente na recría en España e que atende as necesidades de preto de cen gandeiros e gandeiras da provincia.
Francisco Cajoto sinalou que “este servizo a institución provincial non só facilita a produción de gando de alta calidade, senón que tamén xera postos de traballo e contribúe a reducir os custos de operación para os gandeiros, que anteriormente tiñan que desprazarse a Zaragoza para realizar a recría”.
PUBLICIDAD
“O sector primario é un dos motores da economía da nosa provincia, e esta xornada reflicte o noso compromiso co seu desenvolvemento”, afirmou o Deputado, subliñando a importancia da formación e a innovación para o futuro sostible da actividade gandeira. Así mesmo, lembrou que a Deputación anunciou a creación dunha granxa de Porco Celta na Finca Gayoso Castro, como parte da súa estratexia para fortalecer o sector rural e fomentar o desenvolvemento sostible na provincia.
O programa da xornada inclúe unha parte teórica sobre os principios de ventilación e orientación nas naves de recría, así como unha parte práctica que permitirá aos asistentes visitar as instalacións da granxa provincial e coñecer de primeira man o traballo que se realiza.
O Deputado de Recursos Sostibles deu a benvida aos gandeiros e gandeiras da provincia que participan na xornada formativa deste xoves, na que coñecerán de preto o traballo de recría que se realiza na granxa provincial co obxectivo de optimizar a súa actividade e mellorar a calidade da produción
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deja una respuesta