PUBLICIDAD
Logotipo
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

31 bodegas participarán en la Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 57ª edición, terá lugar os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio de 2020, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), acaba de pechar o prazo de inscrición para as adegas e colleiteiros.

A organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) amosan a súa satisfacción e queren destacar o gran interese do sector por participar no principal evento vitivinícola da comarca e un dos máis senlleiros do territorio nacional.

A inauguración será a mañá do venres, día 1 de maio, mentres que a entrega de premios, como novidade nesta edición, terá lugar tamén pola mañá, o domingo día 3 de maio, co obxectivo de que o público dispoña de tempo suficiente para visitar as casetas dos gañadores dos premios da cata popular.

PUBLICIDAD

Na presente edición alcanzarase o número de 31 participantes (entre adegas e colleiteiros), dato que amosa a consolidación da Feira do Viño do Ribeiro como evento enogastronómico e cultural de referencia a nivel autonómico.

As adegas e colleiteiros serán convocados, proximamente, para unha reunión na que se sortearán os postos e na que se lles informará das actividades e novidades que este ano se levarán a cabo na Feira do Viño do Ribeiro.

Mentres tanto a organización continúa a traballar nas actividades e novidades da próxima edición, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

Ver todas las noticias de portada arriba derecha

Publicacións relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *