PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Últimas novidades no rendemento de muxido automatizado con robots Lely

Robot Lely Astronaut A5 exposto en Cimag GandAgro 2019

Comezamos o ano cunha serie de instalacións de robots de nova tecnoloxía, o Lely Astronaut A5. De modo que xa dispomos de varios datos do rendemento desta tecnoloxía con respecto ás versións anteriores.

As novidades son as seguintes:

-Incremento da velocidade de reacción. A cámara situada encima do cuarto traseiro da vaca transmite a información ao brazo para moverse tan rápido como ela mesma.

PUBLICIDADE

-Deseño do brazo máis flexible con maior campo de acción dentro do box mellorando a rapidez e precisión da conexión. Redúcense os intentos de conexión (<1,5) e por tanto os fallos (<5), dando a posibilidade de munguir máis vacas en menos tempo.

-Escaneo dos tetos ao selado, o que mellora a eficacia do tratamento post-muxido, sen incrementar o tempo no cubículo.

-Novos compoñentes electrónicos con maior dependencia de electricidade que de aire. Isto diminúe o ruído, co cal se reduce a tensión do animal no box de muxido.

-Incremento manual da cantidade de concentrado en box. Pode contribuír na tranquilidade do animal os primeiros días de adaptación, ou premiar a un animal que é moi rápido na inxestión e ponse nervioso.

PUBLICIDADE

Todos estes parámetros varían coa cantidade de leite no ubre por muxido e a velocidade de leite das vacas a nivel individual.

Os A5 instalados até o momento logran os rendementos máis elevados

A continuación preséntanse os datos de 200 gandarías do Lely Center Los Corrales con máis de 300 robots ao longo do ano 2018.

lely_a5_1

Na gráfica reflíctense os tempos de muxido no eixo da esquerda (ordenados do máis baixo ao máis alto), así como o % de tempo libre (no eixo dereito) que repercute nas entradas da vaca ao robot (recomendación entre 10-15% para que todas as vacas, sobre todo as de baixa xerarquía, dispoñan de tempo acudir ao muxido).

PUBLICIDADE

lely_a5_2

Nesta segunda gráfica móstrase a media de Kg de leite por vaca e día no eixo da esquerda (desde 20 kg, representando granxas en pastoreo, até case 50 kg correspondente a un lote de alta produción).

Ademais, represéntase a velocidade de fluxo medio (kg/min) dos rabaños e cuxo parámetro é representativo no momento de valorar a capacidade do robot para muxir un número de vacas.

Os resultados do rendemento das dez unidades de A5 instalados até o momento (finais do 2018), sitúanse no terzo superior dos rendementos máis elevados. A capacidade de muxido do robot é, por tanto, moi dependente da aptitude do propio rabaño. Isto quere dicir que varía con factores tales como: a velocidade de muxido das vacas, a calidade xenética das mesmas, etc. A maior velocidade de leite menor tempo en box, máis tempo libre e maior capacidade de muxido en número de animais.

Para máis información: telef 667 673 912 ou escibir a ytrillodono@cor.lelycenter.com 

Ver todas as noticias de noticias de empresa

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *