PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta, sorprendida polas críticas da patronal da madeira

A administración autonómica asegura non entender a que veñen as acusacións de pasividade na política forestal

A política forestal está a enfrontar a empresas e Administración.

A decisión de Confemadera Galicia de rachar relacións coa Xunta de Galicia sorprendeu no executivo autonómico. O Goberno galego di non entender esa decisión e fai un repaso das medidas lexislativas e orzamentarias que emprendeu desde o 2009 para defenderse das críticas da patronal da madeira, que acusaba á Xunta de pasividade ante as medidas que entende que precisa o monte galego.

A Administración autonómica destaca en nota de prensa medidas como a aprobación da Lei de Montes en xuño do 2012, así como de posteriores decretos que regulan os aproveitamentos do monte e a ordenación e xestión forestal. No apartado orzamentario, a Xunta sostén que no periodo 2009-2014 destinou 170 millóns de euros a accións forestais e de loita contra os lumes.

En canto á relación con Confemadera, a Xunta asegura que desde outubro pasado mantivo alomenos 8 xuntanzas coa entidade, polo que di non entender as acusacións de “falta de atención”. Doutro lado, a Administración autonómica considera que o presidente de Confemadera debería comprender os prazos e tempos que require o traballo das administracións públicas, “xa que el mesmo foi delegado en Ourense dunha consellería” (delegado de Política Territorial, na época de Fraga).

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *