A marca, conxuntamente cos seus consesionarios galegos, amosará as súas gamas de maquinaria e últimas novidades. O acto está dirixido a agricultores e gandeiros, que terán a posibilidade de participar en concursos de habilidade con máquinas en movemento
New Holland programou un evento expositivo no recinto feiral da Semana Verde, en Silleda, para o martes 10 de abril a partir das 10.30 horas. A asistencia ó acto é libre e está aberta a todos os agricultores e gandeiros. A marca, conxuntamente cos seus concesionarios galegos, amosará no pabellón 1 da Semana Verde as súas gamas de maquinaria, así como as últimas novidades.
As persoas que asistan ó evento tamén terán ocasión de participar en concursos de habilidade con máquinas en movemento. Con esta iniciativa, New Holland busca reforzar a súa imaxe de marca no sector, así como atender as consultas dos profesionais do agro sobre as distintas gamas coas que traballa.
O evento está organizado conxuntamente por New Holland cos seus concesionarios Manto Maquinaria (Lugo), Lois Maquinaria (Noia, A Coruña), Fariña Maquinaria (Carballo), Comercial Agrícola Guerra (Viana do Bolo, Xinzo de Limia) e Coberma (O Bierzo, León).
O acto rematará ao final da mañá, coa presenza dun pulpeiro.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta