PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A empresa galega Impex Europa lanza un novo repelente sonoro para aves e pequenos animais

Impex Europa, líder en España en venda de raticidas como Ratibrom, lanza ao mercado Tanzil, un produto ecolóxico e de fácil uso que escorrenta a aves e pequenos animais dos lugares onde poidan ser un problema

A empresa galega Impex Europa acaba de lanzar ao mercado Tanzil, un novo repelente sonoro para aves e pequenos animais, como gatos, ratos ou ratas.

Tanzil consiste nunha cinta que emite unha vibración penetrante que escorrenta a aves e pequenos animais. Pódese aplicar en calquera lugar onde os paxaros sexan un problema, tanto no fogar como na horta e a gandaría, como almacéns de cereais, froiteiras, hortas..etc. Pero tamén en piscifactorías, hostalaría e restauración, embarcacións deportivas, edificios e monumentos…etc.

O modo de emprego é sinxelo: recoméndase instalar a cinta en postes ou outro soporte, en tramos de entre 3 a 8 metros asegurándoa con dúas ou tres voltas en cada poste. Débese tensar ben para un mellor funcionamento evitando espirais, ata completar a lonxitude necesaria.

PUBLICIDADE

“Trátase dun produto altamente eficaz que, ademais, conta tamén coas vantaxes de ser un produto ecolóxico, non tóxico, seguro e fácil de instalar”, destacan desde Impex Europa.

Modo de emprego: 

TANZIL_USO_IMPEX_WEB

Impex Europa: empresa líder no sector con produtos como Ratibrom

Impex Europa é unha empresa familiar galega con sede e centros de produción en Vilagarcía de Arousa. É líder no mercado de España e de Portugal e un referente no sector de raticidas, con produtos tan recoñecidos como Ratibrom. Actualmente conta cun cadro de persoal de 50 traballadores.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de noticias de empresa

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *