
A Federación Frisona Galega (Fefriga) ven de facer públicos os recoñecemento ás mellores ganderías de vacún de leite e ás mellores vacas no ano 2016.
Con estas distincións honoríficas, a Federación Frisona Galega desexa promocionar e render homenaxe aos criadores que co seu esforzo, dedicación e profesionalidade, máis se distinguiron durante o pasado ano.
Concédese este recoñecemento ás 20 mellores primeirizas que, non superando os 30 meses de idade no momento do parto, remataran a súa lactación (normalizada a 305 días) no 2016.

Concédese este recoñecemento ás 20 vacas de 2 ou máis partos que na lactación (normalizada) rematada no 2016, máis quilos de Leite produciron.

Dada a importancia que ten para os criadores a lonxevidade das súas reprodutoras, concédese título de recoñecemento a todas aquelas femias que, tendo rematado unha lactación no 2016, acadaran ao longo da súa vida, unha produción de leite igual ou superior aos 100.000 Kg. de leite.

Concédese diploma ás 20 explotacións que, cun mínimo de 17 lactacións (normalizadas) rematadas en 2016, obtiveran as mellores medias de produción (Kg. de Leite) de Galicia.

Outórgase diploma ás 20 mellores explotacións por media de cualificación morfolóxica. Para a concesión deste recoñecemento as explotacións deben cumprir os seguintes requisitos:
– Contar con 17 ou máis reprodutoras cualificadas.
– Ter cualificadas máis do 90% das femias maiores de 36 meses.
– Non superar o 5% de Reprodutoras inscritas no Rexistro Auxiliar “A”

Outórgase título de recoñecemento ás 10 mellores explotacións por Índices Xenéticos (ICO), de cada unha das seguintes categorías: de 17 a 75 reprodutoras e de máis de 75 reprodutoras.
Para a súa concesión tívose en conta que, na avaliación xenética de Novembro de 2016, as explotacións galardoadas cumpriran os seguintes requisitos: ter 17 ou máis reprodutoras, non superar o 5% de vacas no Rexistro Auxiliar “A” e ter máis do 75% das reprodutoras maiores de 36 meses valoradas xenéticamente.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta