PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Vigo acolle este martes unha nova edición dos Parladoiros

Cinco emprendedores no ámbito rural contarán as súas experiencias no marco do evento programado polo Mercado de la Cosecha

Os Parladoiros, un evento adicado a divulgar iniciativas innovadoras no rural, celebrará a súa edición 2016 este martes a partir das 18 horas no auditorio do Teatro Afundación, en Vigo. O evento contará coa participación de 5 emprendedores rurais que contarán as súas experiencias.

Este ano, as iniciativas que participan son as seguintes:

Muuhlloa (Monterroso). A explotación de vacas de Granxa Maruxa, coñecida pola elaboración de galletas de nata, e a experiencia na produción ecolóxica de Milhulloa únense nun innovador proxecto que se enfoca na elaboración de leite hidratante 100% ecolóxica.

PUBLICIDADE

Fogar do Santiso (Teo). É un restaurante que traballa con verduras e froitos da súa horta ecolóxica e con carnes de razas autóctonas procedentes de produtores seleccionados. O Fogar do Santiso distínguese tamén polo seu esforzo na redución de residuos e no uso de materiais reciclados no seu edificio. Este verán abriu un restaurante en Oleiros coa mesma filosofía de comida, se ben nun espazo cun estilo distinto do local de Teo.

Orballo (Betanzos). Empresa que comercializa unha gama de produtos ecolóxicos que inclúe plantas aromáticas, especias, infusións e ecoarroces á carta.

Naturavia (Ribadavia), adicada a elaborar cosmética con ingredientes naturais.

Woodworks Buschmann Bella (Corcubión). Trátase dun proxecto de traballo artesanal da madeira do que é responsable Frank Buschmann, que se ten formado como creador, deseñador industrial e ebanista.

PUBLICIDADE

As entradas para asistir ós Parladoiros pódense adquirir ó prezo de 5 euros na taquilla do Teatro Afundación ou por internet. Os Parladoiros están organizados polo Mercado da Cosecha, unha iniciativa de responsabilidade social da Corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia) e que conta coa colaboración das empresas R e Gadis.

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *