As vendas de tractores novos en Galicia alcanzaron as 77 unidades o pasado mes de setembro, un 67,4% máis respecto ao mesmo mes de 2015. No conxunto do Estado as vendas deste tipo de maquinaria situáronse en 1.219 unidades, un 47,04 % máis que o respecto de setembro do ano pasado.
Así se desprende da última estatística sobre Inscrición de Maquinaria que difunde mensualmente o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama).
O total de maquinaria agrícola nova vendida en Galicia en setembro situouse en 284 unidades, un 8,4% máis con respecto ao mesmo mes do ano pasado. No conxunto de España as vendas globais ascenderon a 3.002 unidades, cun crecemento interanual do 6,4%.
No período acumulado entre xaneiro e setembro de 2016 as vendas de tractores creceron en toda España un 11,02 % (7.877 unidades) respecto ao mesmo período do pasado exercicio. En canto ao total de maquinaria agrícola as vendas ascenderon a 24.439 no primeiros nove meses do ano (+1,25 %).
Tras os tractores, a maquinaria agrícola máis demandada en setembro foron os equipos de tratamentos (545 unidades), os remolques (488 unidades), a maquinaria de preparación e traballo do chan (167), os equipos para achega de fertilizantes e auga (149) e os equipos de recolección (166 unidades).
Dos 1.219 tractores novos vendidos en setembro, os máis demandados foron os da marca John Deere (264 unidades), Deutz-Fahr (221), New Holland (185) e Kubota (75)
| INSCRIPCIÓN MAQUINARIA AGRÍCOLA NUEVA – SEPTIEMBRE 2016 | ||
|
Comunidad
PUBLICIDADE
|
Tractores |
Total maquinaria agrícola |
| Andalucía | 294 | 532 |
| Aragón | 90 | 224 |
| P. Asturias | 19 | 31 |
| I. Baleares | 15 | 31 |
| Canarias | 15 | 30 |
| Cantabria | 7 | 24 |
| Castilla y León | 140 | 426 |
| Castilla-La Mancha | 185 | 514 |
| Cataluña | 104 | 265 |
| C. Valenciana | 66 | 142 |
| Extremadura | 72 | 142 |
| Galicia | 77 | 284 |
| C. Madrid | 4 | 10 |
| R. Murcia | 61 | 117 |
| C.F. Navarra | 28 | 71 |
| País Vasco | 28 | 96 |
| La Rioja | 14 | 63 |
| TOTAL | 1219 | 3002 |
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta