A Xunta anuncia a próxima convocatoria de subvencións para paliar os danos en vivendas, infraestructuras privadas, equipamentos públicos e en explotacións forestais, agrarias e gandeiras

A Administración autonómica vén de anunciar unha liña de 10 millóns de euros en axudas para paliar as perdas derivadas dos lumes do mes de agosto. O Goberno autonómico prevé adicar esta partida a compensar os danos en vivendas, infraestruturas privadas, equipamentos públicos e en explotacións forestais, agrarias e gandeiras. O anuncio das axudas fíxose tras o Consello da Xunta de onte, pero aínda non se aclararon os criterios de concesión.
A Xunta tamén ten prevista a creación dunha comisión con outras institucións (Goberno central, Deputacións, Concellos) para traballar en conxunto na reparación de danos e coordinar os esforzos. A Consellería do Medio Rural xa mantivera un encontro conxunto cos alcaldes das zonas afectadas na provincia de Pontevedra e outros alcaldes, como o de Santiago, tamén se reuniron a título individual coa Consellería para coordinar apoios ás zonas afectadas.
As axudas serán convocadas e tramitadas por distintos departamentos (Consellería de Medio Rural, Instituto Galego de Vivenda e Solo, Consellería de Medio Ambiente, etc.). Espérase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas próximas semanas.
Doutro lado, o Consello da Xunta facultou á Consellería do Medio Rural para actuar de xeito directo en comunidades de montes veciñais e Sofor co obxectivo de mitigar os danos. Medio Rural poderá realizar accións para encauzar augas, mellorar pistas ou reparar peches gandeiros.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta