PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os produtores de coello denuncian os incumprimentos da Xunta e preparan mobilizacións

Mobilización dos produtores de coello o pasado mes de outubro

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e Unións Agrarias (UUAA) denuncian que a Consellería do Medio Rural incumpriu os seus compromisos de axudar aos produtores de coello e preparan mobilizacións para chamar a atención sobre a grave crise pola que atravesa o sector.

“Os prezos están á baixa, nesta semana caeron ata os 1,40 euros por quilo, e non cubrimos os custos de produción, que se sitúan en 1,80 euros”, denuncian dende o Sindicato Labrego.

Neste sentido, advirten de que “mentres outras comunidades como o País Vasco, Cantabria ou Navarra estableceron axudas aos produtores, tanto para a retirada de cadáveres como para a inseminación, en Galicia non existe ningunha e a Consellería incumpriu as súas promesas”.

PUBLICIDADE

Mobilizacións en Galicia

En concreto, critican que “despois da reunión mantida coa conselleira o pasado mes de novembro, Medio Rural incumpriu todas as súas promesas: nin temos axudas de mínimis, nin hai axudas para a retirada de cadáveres nin tampouco campaña de promoción do consumo de carne de coello ou introdución desta carne saudable nos comedores de centros dependentes da Xunta”. “É máis -engaden- temos que competir coa produción doutras Comunidades que si teñen axudas”.

Ante esta situación, Sindicato Labrego, Unións Agrarias e Conacún manteñen contactos para iniciar en breve mobilizacións conxuntas en Galicia, ao igual que xa se ten feito noutras Comunidades como Valencia. “Estamos falando de empezar con inspeccións na distribución que fai ofertas agresivas coa carne de coello, banalizando o produto”, aseguran fontes do sector.

E é que, segundo advirten, “a situación de moitas explotacións é límite, con moitas granxas que non teñen diñeiro circulante e ás que as están financiando as fábricas de pensos”.

PUBLICIDADE

Galicia é a segunda comunidade produtora de España de carne de coello, con arredor de 250 explotacións.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *