PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Máis de 300 persoas inscritas para asistir a ‘Piñeiros 24’, o evento internacional sobre innovación en coníferas

O encontro, que lle dá este ano protagonismo á cadea forestal – madeira de Francia, conta co arquitecto Christophe Ouhayoun, fundador do estudio KOZ, un dos que deseñou as infraestruturas de madeira dos Xogos Olímpicos de París

Imaxe de arquivo

A Fundación Arume desenvolverá o próximo martes 29 de outubro a cuarta edición de ‘Piñeiros’, o encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá na Cidade da Cultura (Edificio Fontán). Máis de 300 persoas xa se inscribiron para asistir presencialmente ó evento, que terá ademais difusión en streaming a través das redes sociais de Pino de Galicia e deste link.

Este ano, Piñeiros 24 contará cunha conferencia principal, a cargo do arquitecto Christophe Ouhayoun, fundador do estudio KOZ, un dos que liderou o deseño das infraestruturas de madeira dos Xogos Olímpicos de París.

A continuación, o programa confórmano tres mesas redondas que abordarán cuestións claves na cadea forestal – madeira, como son o papel da madeira na descarbonización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.

PUBLICIDADE

Este ano, Francia será o país coprotagonista de Piñeiros 24, igual que en anos anteriores se lle prestara unha adicación similar a Portugal (Piñeiros 23) ou a Euskadi (Piñeiros 22). Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase coa presenza de Xylofutur, o clúster de innovación do sector forestal – madeira do país veciño, e cunha serie de ponentes que explicarán a realidade da cadea monte – industria de coníferas en Francia.

‘Piñeiros24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia’ conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de XERA Axencia Galega da Industria Forestal.

Programa final

08:45 Recepción e acreditación de asistentes.
09:30 Apertura.

PUBLICIDADE
  • José Carballo, presidente da Fundación Arume.
  • Frédéric Carteret, presidente de Xylofutur.
  • Representante institucional da Xunta de Galicia.
  • 10:00 Conferencia: A madeira, herdanza poética dos Xogos Olímpicos
    Christophe Ouhayoun, arquitecto y fundador del estudio KOZ.

    10:30 A madeira na descarbonización e industrialización da construción.
    Modera: Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura.

  • María Aramendia, arquitecta e directora de desenvolvemento no Estudio LA/BA (Paris).
  • Daniel Hermosilla, CEO en Grupo Rodiñas Pretensados.
  • José Antonio de Pedro, director de desenvolvemento en Distrito Natural.
  • Jacques Bouillot, director de solucións baixas en carbono no Grupo Eiffage Construcción.
  • 12:00 Pausa café.
    12:30 A xestión de montes: experiencias e perspectivas.

    Modera: Asun Cámara, coordinadora de Juntos por los Bosques.

    PUBLICIDADE
  • Jesús Ferreño Naveira, presidente da Comunidade de Montes de Castelo, Culleredo.
  • Erundina Louro, presidenta da Comunidade de Montes de Antas, A Lama.
  • Pilar Pérez Batallón, propietaria forestal e socia de Fincas Carballido S.L., Lugo.
  • Francisco Dosil, presidente da Sociedade de montes sostibles de Cúns, Outes.
  • Roland de Lary, director xeral do Centro Nacional da Propiedade Forestal (Francia).
  • 14:00 Pausa para refrixerio.
    15:30 Innovando co piñeiro.

    Modera: Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Campus Pontevedra, UVigo.

  • FORESA Technologies. Luis Alberto Otero, responsable de innovación.
  • Société DRT (Grupo dsm-firmenich). Emmanuel Cazeils, responsable de innovación e desenvolvemento de negocio.
  • Hifas Foresta. Enrique Fandiño, Plant Manager.
  • 17:00 Peche. Representante institucional da Xunta de Galicia.

    Consulta o programa en PDF.

    Ver todas as noticias de madeira

    Publicacións relacionadas

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *