A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza este sábado 27 no Valadouro (Lugo) a primeira de seis sesións dirixidas a promover a creación de emprego e riqueza a través das comunidades de montes
O Valadouro acolle este sábado 27 de febreiro unha xornada organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) dirixida a promover a posta en valor dos montes veciñais a través dunha xestión cooperativa.
A actividade contará cunha primeira parte orientada a cuestións administrativas e de identificación de oportunidades, en tanto na segunda parte amosaranse exemplos de éxito no monte veciñal, caso da comunidade de montes do Carballo (Friol, Lugo), na que se está a facer cría de porco celta, produción de mel e recollida de setas, entre outras actividades.
Participará tamén a cooperativa Amarelante, adicada á produción de castaña en Manzaneda; e Eloi Villada, da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que falará sobre a xestión do gando e do pastoreo no monte.
As xornadas do Valadouro (Lugo), que se desenvolverán na Casa da Cultura, terán réplica noutros concellos de Pontevedra e Ourense. En total, Agaca prevé a celebración doutras cinco xornadas similares.
Máis información
– Programa completo da xornada do Valadouro sobre creación de riqueza e emprego no monte comunal
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta