PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Partida de 1,7 millóns de euros para promocionar o viño galego fóra da Unión Europea

Esta achega busca fomentar o coñecemento das características e calidades da viticultura local en terceiros países, co fin de mellorar a súa competitividade no estranxeiro

Esta partida de axudas está enfocada á promoción dos viños galegos fóra da UE. / Fonte: Imaxe de arquivo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de 2025 das axudas para a promoción do viño galego en terceiros países (fóra da Unión Europea) para as que a Consellería do Medio Rural destina 1,7 millóns de euros, co fin de promocionar as características e calidades do viño galego máis aló das fronteiras da Unión Europea, e así mellorar a súa competitividade no estranxeiro mediante a apertura, diversificación ou consolidación do mercado nestes países.

Nesta liña, poderán beneficiarse das axudas as empresas vinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas e as súas asociacións, as organizacións interprofesionais, ou os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) vitivinícolas, así como as súas asociacións.

Tamén poderán recibir axuda as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño, as cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados ou as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de viña

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *