O déficit estrutural de madeira de piñeiro calcúlase nun 47% no país veciño, pois a súa industria consume máis coníferas das que se poden cortar en monte de xeito sostible. Os prezos medios das poxas públicas situáronse no 2023 en 57 euros / metro cúbico

O piñeiro mantén nos últimos dous anos prezos competitivos en monte, malia un certo arrefriamento do mercado no último ano. De cara ó futuro, as súas perspectivas son positivas.
A cuestión é que falta madeira de piñeiro en monte, unha tendencia que se agudizará nos próximos anos, como proba o caso portugués. No país veciño, o consumo de piñeiro da súa industria sitúase un 47% por riba das capacidades de corta sostible que ofrece o monte luso, segundo se sinala no último informe do Centro Pinus, que debulla a cadea forestal do país veciño.
É certo que puntualmente, no 2023, as cortas de piñeiro baixaron en Portugal en comparación co 2022 –igual que sucedeu en Galicia-, situándose en 3,3 millóns de metros cúbicos (-17%), pero o déficit estrutural persiste.
Os prezos ademais mantivéronse altos, pois as poxas públicas en Portugal rexistraron un prezo medio de 57 euros / metro cúbico, un 2% menos que o ano precedente, pero moi por riba das cifras do 2021 e dos anos anteriores, cando o piñeiro vendíase de media nas poxas públicas a pouco máis de 30 euros / metro cúbico ou mesmo por baixo dos 30 euros.
Ese escenario está a animar a plantación en monte, igual que sucede en Galicia. No caso portugués, no 2023 vendéronse máis de 6 millóns de plantas de piñeiro certificada, é dicir, de planta con mellora xenética, o que supón un 55% máis que no 2022.
Detallamos a continuación os indicadores da cadea de piñeiro no país veciño, a partir do informe que presentou este verán o Centro Pinus.
Portugal consumiu no 2023 un total de 3,31 millóns de metros cúbicos de piñeiro (-17%). Chama a atención que sendo un país que, ‘a grosso modo’, é tres veces máis grande que Galicia, manteña un volume de cortas de madeira de piñeiro similar ó galego o que fala da potencialidade das coníferas na comunidade.
O déficit estrutural de Portugal en piñeiros estímase nun 47% do consumo. O seu monte está preparado só para cortar cada ano arredor de 1,7 millóns de metros cúbicos de piñeiro, polo que a escaseza de oferta será unha constante de cara ó futuro.
A baixada das cortas no 2023 explícase por un certo arrefriamento económico xeral, que levou a destinar menos madeira a palés e embalaxes, así como por unha reducción da demanda para construción, tanto en obra nova como en rehabilitación.
En Portugal, os principais descensos na transformación de madeira producíronse no serrado de madeira (-25%) e nos pellets (-25%), un elemento este último derivado da menor demanda de Reino Unido do pellet portugués para a produción de electricidade.
Principais destinos

Principais produtos transformados de piñeiro en Portugal./ Fonte: Centro Pinus

Evolución do prezo medio da resina nos ultimos anos en Portugal. / Fonte: Centro Pinus
O sector está operado por 16 empresas de primeira e segunda transformación, así como por 272 operadores de extracción de resina.
[/box]
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta