PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Tendencia á baixa nos prezos da recría de cruces en Amio

Os prezos do gando que concorreu este mércores ao recinto feiral do Mercado de Amio mantéñense como na sesión anterior. Aínda así, observaron unha tendencia á baixa nos da recría da raza de Cruces Industrial Cor e tendencia á alza nos das canles do vacún maior de matadoiro.

En canto á asistencia de gando, na xornada desta semana rexistráronse 1.891 reses, 361 menos que na do 31 de xullo. En detalle, houbo 1.640 cabezas de vacún menor (363 menos que na sesión anterior); 94 de vacún mediano (16 menos) e 157 de vacún grande (18 máis).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.

PUBLICIDADE

Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (07-VIII-2024)

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *