Recollemos a oferta para o vindeiro curso en ciclos formativos na agraria en Galicia. O prazo de inscrición nos ciclos formativos agrarios mantense aberto ata este xoves, 4 de xullo

Para o próximo curso 2024/25 a oferta de ciclos formativos agrarios (FP), que se pode cursar en centros das catro provincias, inclúe un total de 12 alternativas, entre ciclos básico, medio e superior.
Esta oferta formativa na rama agraria está repartida en 30 centros educativos de Galicia, tanto públicos coma privados.
O prazo inicial de presentación de solicitudes para cursar un ciclo formativo remata este próximo xoves, día 4 de xullo, ás 13.00 horas.
Facemos un repaso polos distintos ciclos en función do nivel académico e recollemos os centros nos que se pode cursar.
En Galicia ofértanse 3 ciclos básicos de carácter agrario:
Pode cursarse no IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo), así como no IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei, Lugo). Nel fórmase sobre as actividades a realizar nas ganderías e os traballos asociados, como o manexo do gando ou envasado e distribución de produtos agroalimentarios.
É unha das novas incorporacións para este curso 2024/25 e pode cursarse no CIFP Vilamarín (Ourense). Enfócase nas operacións auxiliares para a conservación, a mellora e o aproveitamento do monte, así como de produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría e nas operacións auxiliares para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.
Impártese na provincia de Pontevedra nos IES de Valga e no Antón Alonso Ríos (Tomiño), no CIFP A Granxa (Ponteareas), no CIFP Montecelo e no CPR Salesianos A Mercé (Cambados). Na provincia da Coruña ofértano os IES de Ames, Arzúa e Mugardos e o CPR Agarimo. En Lugo impártese no IES San Rosendo (Mondoñedo).
Esta formación céntrase en ofrecer coñecementos para elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos. Tamén se aborda a produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, así como a implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.
Distínguense 4 ciclos de grao medio.
Este ciclo impártese en catro centros da provincia de Lugo (CFEA Pedro Murias de Ribadeo, nos IES San Rosendo de Mondoñedo e no Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei e no CFEA Alta Montaña de Becerreá).
Na provincia da Coruña ofértase nos IES de Mugardos e Arzúa e no CFEA de Sergude (Boqueixón). Na provincia de Pontevedra pode estudarse no CFEA de Lourizán e no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. En Ourense, ofértase no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
Este ciclo céntrase no aproveitamento e nas accións de repoboación forestal, así como de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal. Tamén se trata o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, atendendo á normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.
Impártese no IES de Arzúa, no CIFP A Granxa (Ponteareas) e no CFEA Pedro Murias (Ribadeo). Este ciclo céntrase na obtención de produtos ecolóxicos, tanto agrícolas como gandeiros, baixo procedementos sostibles para contribuir a mellorar a biodiversidade do medio.
Pode cursarse no CFEA de Sergude (Boqueixón) e no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Tamén se pode cursar no Centro de Formación Rural- EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña).
Esta formación céntrase nas actividades para obter produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade. Abórdanse as operacións de produción e mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.
Ofértase na provincia da Coruña no IES de Mugardos e no CFEA Guísamo (Bergondo). Na provincia de Pontevedra impártese no IES Valga e no CIFP A Granxa. Ademais, tamén se oferta no IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia.
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns tanto interiores como exteriores e na instalación e mantemento de praderías de uso deportivo. Tamén inclúe obtención de planta e o emprego de maquinaria.
Impártense 3 ciclos de grao superior na rama agraria.
Impártese na provincia da Coruña no CFEA de Sergude (Boqueixón), así como no IES Melide e na EFA Fonteboa, de Coristanco. En Ourense, inclúese na oferta formativa do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
Neste ciclo ensínase a xestionar a produción gandeira e realizar traballos especializados de apoio a equipos veterinarios, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles.
Este ciclo impártese na provincia de Lugo no IES San Rosendo de Mondoñedo. Na provincia da Coruña ofértase no CFEA Guísamo de Bergondo, no IES de Arzúa e na EFA Fonteboa, de Coristanco. Tamén se pode estudar na provincia de Pontevedra no CIFP A Granxa, de Ponteareas.
Esta formación está dirixida a realizar proxectos de xardíns e zonas verdes e a obtención de planta e a xestión da produción agrícola.
Na provincia da Coruña pode cursarse no IES Arzúa, no CIFP Santiago e na EFA Fonteboa, de Coristanco. Na provincia de Pontevedra impártese nos CFEA Lourizán e no CIFP A Granxa, de Ponteareas. En Ourense ofértase no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Na provincia de Lugo pode estudarse no IES San Rosendo de Mondoñedo, no IES Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei e no CFEA Alta Montaña de Becerreá.
No ciclo ensínase a programar, organizar, supervisar e realizar os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando ás persoas para a conservación e a mellora ambiental.
Ademais dos ciclos, tamén se inclúe dentro do programa formativo básico dous cursos do ámbito agrario.
Este curso pode realizarse na provincia da Coruña no Centro de Educación Especial (CEE) María Mariño e no CEE Terra de Ferrol. Na provincia de Pontevedra impártese no CEE Pontevedra e no CEE Saladino Cortizo (Vigo). En Lugo ofértase no CCE Santa María de Lugo e no CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos). Tamén se imparte no CEE Miño, en Ourense.
Pódese cursar no CEE Manuel López Navalón en Santiago de Compostela
Ademais, no CFEA Monforte impártese outra formación relacionada co agro como o curso de Aptitude Empresarial Agraria, destinado a mozos que se incorporen á actividade agraria. Neste centro tamén contan cun programa de Formación Continua a través da Plataforma de Teleformación en disciplinas como Benestar Animal, así como o curso de aplicador de produtos fitosanitarios ou a formación para o persoal que traballa con gando porcino, avícola e bovino. Porén esta formación ten outro calendario de matrícula específico, xa que algúns destes cursos están xa impartíndose ou realizaranse nos próximos meses.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta