Nos fogares españois mercouse máis carne durante o 2023 e en concreto, máis carne de polo e de porco, segundo se extrae do último informe elaborado polo Ministerio de Agricultura sobre os hábitos de consumo no pasado ano. A compra de carne incrementouse nun 6% durante o 2023 e tamén aumentou a facturación (14%), debido a que o prezo medio da carne aumentou nun 7%.
A compra de carne segue a ser o alimento que máis gasto supón nos fogares, que destinan case o 20% do orzamento de alimentación e bebidas para a compra de carne. Así, cada español gastou 342 euros para mercar carne ó longo do ano e consumiu de media 41 quilos, algo máis de 2 quilos máis de carne por persoa en comparación co 2022.
O consumo de carne segue a ser maioritariamente de carne fresca (72%) e mesmo se incrementou un 8% con respecto do 2022. Máis do 25% da carne que se come nos fogares españois é transformada e apenas un 3% é conxelada, aínda que no último ano incrementouse a porcentaxe de carne conxelada nun 23%.
O polo é a carne fresca que máis se consume nos fogares españois, xa que representa o 40%. Ademais, no último ano a demanda de carne de polo incrementouse nun 15%. Tamén segue a ser o tipo de carne fresca que máis medra en facturación, cun 21% con respecto do 2022.

No último ano tamén gañou presenza nos fogares a carne de porco (+7%) e é a segunda carne que máis se consume (30%). A carne de vacún sitúase como o terceiro tipo con maior proporción de compras, pero xa se consume en moita menor cantidade, apenas representa un 13% da carne que se merca nos fogares españois. Aínda que se incrementou o seu consumo con respecto a 2022, este incremento foi só do 1,6% do volume. Galicia, xunto con Navarra, País Vasco, Castela León e Madrid son das comunidades onde máis carne fresca de vacún se consume e se merca.
Nos fogares consúmese cada vez menos carne de coello e año. No último ano, os españois mercaron un 7% menos de carne de coello e un 5% menos de carne de ovino ou caprino. Son carnes cun prezo superior, polo que se mantén maior proporción en valor.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta