PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Primeiro Túnel do Viño na adega Vía Romana, na Ribeira Sacra

Vía Romana é a adega emblemática con vistas ao escarpado val do Miño na Ribeira Sacra

A familia adegueira Méndez-Rojo ofrece unha degustación de oito dos seus viños procedentes das cinco Denominacións de Orixe galegas na súa adega Vía Romana.

Vía Romana é a adega emblemática con vistas ao escarpado val do Miño na Ribeira Sacra, onde o viño é arte e cultura. É aí onde terá lugar unha degustación pausada de oito viños exclusivos da marca Méndez-Rojo, que recollen as cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Unha velada primaveral en plena natureza. Non faltarán explicacións e comentarios dos nosos expertos.

Para maximizar o pracer sensorial, farase a maridaxe con produtos típicos da zona, entre eles, os queixos Airas Moniz e que as conservas de A Conserveira. O venres 22 de Marzo, a partir das 20:00, será o comezo deste evento imprescindible para todo amante da cultura e gastronomía de Galicia. O prezo desta cata convertida nunha experiencia única será de 38€.

PUBLICIDADE

Vía Romana é unha das cinco adegas pertencentes á familia adegueira Méndez-Rojo que leva especializándose no mundo do viño desde 1940. Marcado polo seu compromiso coa terra e a constante innovación, Méndez Rojo impulsa viños de calidade en todas as denominacións de orixe galegas.

VIA ROMANA TUNEL VIÑO

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *