PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso online sobre prevención de riscos laborais en actividades agropecuarias

O Sindicato Labrego Galego convoca un curso de formación para a prevención de riscos laborais nas actividades agropecuarias. Esta formación farase de maneira online desde o 11 de marzo até o 19 de abril. En total serán 40 horas de formación.

Os puntos que se tratarán neste obradoiro serán os conceptos básicos de saúde e seguridade no traballo, a prevención de riscos xerais, aplicar primeiros auxilios así como o coñecemento de elementos básicos na prevención dos riscos laborais. De aí pasarase a tratar os riscos específicos da actividade agraria así como o tratamento da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais. Pódese encher o formulario neste enlace.

CURSO_ONLINE_PRL_2024_redes

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Os comentarios están pechados.