Expertos de Galicia, Madrid, Canarias e Romanía abordarán aspectos como a sanidade apícola, a cría de raíñas, a polinización ou a elaboración de produtos derivados do mel

A feira foi presentada polo apicultor David Liñares e membros do Goberno municipal de Lalín
Lalín acolle esta fin de semana a terceira edición da feira apícola internacional Alvariza, que chega cun completo programa formativo e de ocio. Terá lugar este sábado e domingo durante todo o día na Carpa do Cocido colocada no Campo da Feira da localidade pontevedresa.
A feira Alvariza está organizada polo apicultor local David Liñares en colaboración co Concello de Lalín. Contará con 60 postos de venda de produtos e expositores relacionados co mundo das abellas, ademais de charlas técnicas.
Na parte de formación e divulgación participarán tanto especialistas galegos como outros chegados de lugares como as Illas Canarias, Madrid ou Romanía. Os relatorios tratarán temas como a sanidade apícola; tratamentos contra a varroa; alerxias; elaboración de hidromel, etc.
A parte máis lúdica, dirixida a todos os públicos, será tamén variada, con actividades infantís, catas, degustacións de platos elaborados con mel e diversos sorteos, ademais dun roteiro de 12 km pola Serra do Candán o domingo pola mañá.




De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta