PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada en Narón con charlas sobre PAC, Lei de Recuperación de Terras e plantas mediciñais

O evento, que se desenvolverá este luns 4 pola tarde, está organizado pola asociación agroforestal TerraRendible

TerraRendible‘ organiza para este luns 4 de decembro unha charla que tratará temas de interese e actualidade para as explotacións agrarias.

O acto será ás 16:30 no centro da asociación na parroquia do Val, no Concello de Narón.

O programa desta palestra está dividido nas seguintes intervecións:

PUBLICIDADE

-Alejandro Martínez Vérez, xefe de sección da Oficina Rural de Ferrol. A súa intervención titúlase ‘Rede Natura e PAC’.

-Miguel Teixido Sotelo, xerente Seitura 22. Ofrecerá unha palestra sobre a ‘Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia’

-Marcos Bonome Dopico, xerente de Central Galaica de Plantas Medicinais. A disertación será ‘Cultivo e recolección sostible de plantas medicinais e aromáticas’.

A Asociación ‘TerraRendible’ organiza o encontro coa colaboración do Concello de Narón, Cooperativa O Val e Seitura 22.

PUBLICIDADE

Para máis información pódese enviar Whatsapp a: 622 655 769

WhatsApp Image 2023-11-29 at 18.25.39

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *