A Escola Politécnica analizará o día 25 a situación das explotacións dende o punto de vista do financiamento, a sustentabilidade, a produción e a innovación
O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC, que coordina o catedrático da Escola Politécnica Manuel Marey, organiza o vindeiro mércores 25 de outubro a xornada Retos do sector lácteo.
O encontro, no que se analizará o sector desde o punto de vista das ganderías e as empresas que lles prestan servizos, contará coa participación de Abanca, Alltech, Aresa e Innogando. Os relatorios comezarán ás 9:30 horas e abordaranse os retos de financiamento, sustentabilidade, produción e innovación do sector.
As charlas da mañá serán no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, con entrada libre e gratuíta. Pola tarde levarase a cabo unha visita a Granxa Gayoso Castro, para a que se habilitará un autobús ata completar as prazas.
Para máis información pódese enviar un correo electrónico a manuel.marey@usc.es.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta