O Mythimna unipuncta ou verme soldado, unha praga procedente de Estados Unidos, está arrasando as pradeiras en varios puntos de Galicia, especialmente na comarca da Mariña lucense.
O verme, o mesmo que xa defoliou fincas de millo este verán, principalmente nas comarcas da Mariña, Xallas e Costa da Morte, está comendo agora tanto as pradeiras permanentes como as temporais que se sementaron máis cedo e que empezan a nacer.
Neste época, a comezos de outubro, coa chegada do frío debería estar hibernando na terra en forma de pupa e non causar problemas, pero as temperaturas anormalmente altas destas semanas favoreceron unha nova xeración da praga que é a que está provocando estragos.
Para poder aplicar un tratamento insecticida nas pradeiras debería contarse coa autorización da Xunta, administración competente na materia, pero de momento dende a Consellería do Medio Rural non se anunciou ningunha medida ao respecto.
Velaquí un vídeo dun gandeiro do concello lucense da Pontenova:
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta